Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

PREGUNTAS FRECUENTES

Cal é a túa pregunta?

Preguntas

  • Poden viaxar os menores de idade sen acompañante?

    Os menores de catro anos deberán viaxar sempre acompañados por un adulto, en caso contrario, non se admitirá o acceso do menor ao servizo.
    Recoméndase que os usuarios de catro anos ou máis, pero menores de doce anos, viaxen sempre acompañados dun adulto, aínda que se lles permitirá viaxar sós, sempre e cando, dispoñan da autorización correspondente dos seus pais ou titores e se cumpran os requisitos que se establecen nas condicións xerais do servizo de transporte que poderás consultar no proceso de compra.
    Así mesmo, é importante que teñas en conta que, non se dispón de persoal auxiliar que se encargue do coidado do/a menor, e que o transporte se realizará baixo a enteira responsabilidade do pai, nai ou titor do menor. 

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • É posible imprimir, anular ou realizar modificacións a través da web sobre o meu billete, aínda que o adquirira no despacho de billetes?

    Si, para realizar modificacións sobre os billetes que mercaras, tanto na web coma no despacho de billetes, deberás ir ao apartado "Xestiona a túa Reserva" da páxina de inicio da web e introducir os seguintes datos:

    - Código de reserva ("cod. reserva") que se amosa durante o proceso de compra na páxina web (ver imaxe 1) ou ben no teu billete impreso adquirido no despacho de billetes (ver imaxe 2)

    O email que proporcionaches durante o proceso de compra na web ou ben o código de acceso ("cod. acceso") cando se trate de billetes mercados no despacho (ver imaxe 2)

    Se tes dúbidas sobre como xestionar a túa reserva, accede á axuda paso a paso e guiarémoste durante todo o proceso.
    Poderás realizar como máximo tres modificacións, que poden conter cambios sobre a data e hora da expedición, así coma cambios de praza numerada (en caso de que se trate dun servizo no que estea habilitada esta opción). Tamén poderás imprimir os teus billetes tantas veces coma queiras. Non obstante, para anular algún billete adquirido no despacho de billetes será obrigatorio acudir a calquera dos nosos puntos de venda autorizados.
    En calquera caso, sempre poderás facturar equipaxe ou exceso de equipaxe a través do módulo "Xestiona a túa Reserva" naqueles servizos nos que estea habilitada esta opción.

    • poden-viaxar-os-menores-de-idade-sen-acompanante
    • poden-viaxar-os-menores-de-idade-sen-acompanante

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Cantas veces podo modificar un billete?

    Tes dereito a modificar o billete gratuitamente en tres ocasións, sempre que solicites a modificación con máis de dúas horas de antelación sobre a hora de saída do servizo. Unha vez realizada a primeira modificación perderás o dereito á anulación do billete, mantendo unicamente o dereito a modificalo noutras dúas ocasións. Así mesmo, a posibilidade de efectuar modificacións dos billetes caduca aos tres meses da súa adquisición.
    As únicas modificacións permitidas serán: data e hora da expedición, así coma a praza (no caso de que se trate dun servizo no que se poida elexir praza).
    Non poderás efectuar modificacións dos billetes ou bonos con tarifa especial (promocións e descontos especiais).

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Podo modificar a orixe ou o destino no meu billete?

    Non, a orixe e o destino nunca se poden modificar unha vez mercado o billete. Neste caso deberías anular o billete e adquirir un novo para a orixe e destino que desexes, tendo en conta as penalizacións que se aplican para as anulacións.

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Pódense transportar bicicletas, táboas de surf, esquís, instrumentos musicais?

    Se queres transportar bicicletas, táboas de surf, esquís, etc… deberás facturalas no momento de adquisición do billete, polo que terás que aboar a tarifa especial que se indica durante o proceso de compra na páxina web www.monbus.es. A posibilidade de transportar este tipo de obxectos  verase supeditada á dispoñibilidade de espazo no maleteiro do vehículo e, en todo caso, o máximo de unidades que se poderán transportar por vehículo será de tres, non podendo transportar máis dunha por viaxeiro. Deberás embalar correctamente a túa equipaxe especial (bicicletas, táboas de surf, esquís, etc…) para evitar deteriorar ou ensuciar a equipaxe do resto de pasaxeiros, así coma preservar o estado da túa. No caso das bicicletas, ademais de embalalas, deberás levalas coa roda dianteira desmontada. No caso de transportar este tipo de obxectos deberás presentarte ao embarque cunha antelación mínima de dez minutos sobre a hora estimada de saída. Se ao chegar ao embarque comprobas que non hai espazo no maleteiro para transportar algún destes obxectos, a empresa adoptará as medidas oportunas para trasladalo no seguinte servizo no que haxa espazo dispoñible, sen que teñas dereito a indemnización de ningún tipo por este cambio.

     

    • poden-viaxar-os-menores-de-idade-sen-acompanante

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Cal é o peso máximo permitido e o tamaño para a equipaxe convencional?

    A compra do billete dache dereito a transportar gratuitamente dúas pezas de equipaxe (maleta, mochila ou bolso de viaxe) sempre e cando teñan unhas dimensións inferiores a medio metro cúbico, e non superen no seu conxunto os 30 kg., quedando excluídas as equipaxes especiais que deberás facturar de xeito independente aboando a tarifa correspondente.

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Pode viaxar a miña mascota no autobús?

    Si, sempre e cando se cumpran os requisitos que se establecen nas Condicións Xerais do servizo de transporte que poderás consultar no proceso de compra. En todo caso é importante que saibas que:

    - Non está permitido o transporte de animais no habitáculo dos viaxeiros, agás os cans de asistencia de persoas con discapacidade ou con trastornos diabéticos ou epilépticos a condición de que cumpra cos termos contemplados no Real Decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade
    - As mascotas sempre deberán viaxar no mesmo servizo no que o faga o seu dono.
    - Unicamente se admitirá unha mascota por servizo.
    - A túa mascota deberá viaxar no maleteiro do vehículo e no interior dunha gaiola ou habitáculo debidamente homologado.
    - O transporte do animal realizarase baixo a responsabilidade do seu dono.

    Se desexas obter máis información sobre os requisitos esixidos consulta as Condicións Xerais do servizo de transporte.

    En servizos urbanos e metropolitanos este reglamento estará supeditada á normativa municipal.

    • poden-viaxar-os-menores-de-idade-sen-acompanante

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Viaxará segura a miña mascota no maleteiro?

    No maleteiro do autocar, os animais viaxan seguros, aínda que hai que ter en conta que o seu transporte realizarase baixo a túa enteira responsabilidade e que terás que viaxar no mesmo servizo. Así mesmo, tes que presentala ao subir ao autobús en perfectas condicións de hixiene e físicas, e no interior dunha gaiola ou habitáculo debidamente homologado, exonerando á empresa transportista de calquera dano que puidera sufrir a mascota durante o transporte. En ocasións pode ser recomendable a sedación do animal para minimizar as situacións de estrés durante a viaxe.

    É posible alimentar aos animais que viaxen no maleteiro cando o vehículo realice unha parada técnica?

    Si, tan só debes solicitar ao condutor a apertura do maleteiro para poder acceder á gaiola ou habitáculo do animal. É recomendable nestes casos, situar a gaiola ou habitáculo nun lugar onde sexa doadamente accesible durante as paradas.

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Como debo facer para formular unha reclamación?

    Se desexas presentar unha reclamación formal fronte á empresa, deberás facelo no libro oficial dilixenciado pola Administración, que poderás solicitar nos distintos despachos autorizados para a venda de billetes, así coma nos vehículos que prestan os servizos e nas nosas instalacións fixas. En todo caso, lembra que tamén podes presentar unha reclamación ante a Xunta Arbitral de Transportes, creadas como instrumento de protección e defensa das partes intervenientes no transporte, e coas competencias previstas na LOTT e nas normas de desenvolvemento da mesma. Para máis información podes ver a contestación á pregunta: Como podo formular unha reclamación ante a Xunta Arbitral de Transportes?

     

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Que debo facer no caso de perda da equipaxe ou obxectos perdidos?

    Neste caso podes formular unha reclamación no libro oficial (dilixenciado pola Administración) que se atopa á túa disposición nos vehículos que prestan os servizos e nas oficinas da empresa. Así mesmo, podes poñerte en contacto co servizo de Atención ao Cliente, a través do número de teléfono +34 982 29 29 00; ou contactar vía email a través do enderezo de correo electrónico info@monbus.es

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.