Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Aviso Legal e Política de Privacidade

1.- Quen somos

En cumprimento co disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio electrónico (LSSI), informamos que a páxina web www.monbus.es se ofrece información e servizos dunha serie de empresas de transporte de viaxeiros por estrada (de agora en diante AS EMPRESAS), das cales podes obter máis información a través do seguinte link.

2.- Lexislación e Xurisdición

As relacións que establezas con MONFOBUS, S.L. ou coas EMPRESAS someteranse á lexislación e xurisdición españolas.

Para calquera controversia que poida xurdir como consecuencia da interpretación ou execución das condicións xerais do contrato, as partes sométense de forma expresa aos Xulgados e Tribunais da cidade de Lugo (España), renunciando de forma expresa a cualquera outro foro que lles puidera corresponder.

3.- Condicións xerais de uso do sitio web

A través do sitio web podes contratar os servizos ofertados no mesmo por MONFOBUS, S.L. e/ou AS EMPRESAS, comprometéndote a cumprir en todo momento coas condicións xerais de uso que se especificarán a continuación:

- Ao facer uso da páxina web comprométeste a non empregala cun fin fraudulento, e non realizar actos que puideran danar a imaxe, os intereses ou os dereitos de MONFOBUS, S.L. ou das EMPRESAS, dos seus traballadores ou de terceiros.

- Asemade, comprométeste a non realizar ningún acto que puidera danar o sitio web, ou que puidera prexudicar o seu normal funcionamento.

- Con este aviso quedas informado, e aceptas, que o acceso ao sitio web non implica o inicio dunha relación comercial con MONFOBUS, S.L. nin coas EMPRESAS.

- MONFOBUS, S.L. resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere oportunas no sitio web, sen necesidade de previo aviso aos usuarios do mesmo. Estes cambios poderán afectar aos contidos e servizos que oferte tanto a citada entidade como AS EMPRESAS a través do sitio web.

- MONFOBUS, S.L. non será responsable da información publicada no sitio web por un terceiro. Do mesmo xeito, non será responsable no caso no que un terceiro manipule a información publicada.

- Este sitio web pode conter enlaces (links) a outras páxinas web, se ben a presenza destes enlaces, agás que expresamente se indique o contrario, unicamente terán unha finalidade meramente informativa, sen que se poida considerar unha suxestión, invitación ou recomendación a acceder aos mesmos.MONFOBUS, S.L. resérvase o dereito a retirar en calquera momento, e sen previo aviso, estes enlaces. MONFOBUS, S.L. non será responsable do contido dos sitios enlazados mediante links que figuren no portal web.

- O uso do sitio web efectuarase en todo caso baixo a túa responsabilidade, sen que, polo tanto, poida responsabilizarse a MONFOBUS, S.L. do uso indebido que realices, condición que recoñeces e aceptas.

- O uso do sitio web non supón a cesión de ningún dereito de propiedade intelectual e/ou industrial sobre o portal web, os seus contidos e/ou signos distintivos de MONFOBUS, S.L. ou das EMPRESAS, o que implica que, agás naqueles supostos nos que estea legalmente permitido, queda expresamente prohibido aos usuarios a reprodución, transformación, distribución, comunicación pública, posta a disposición, extracción e/ou volver a empregar o sitio web, os seus contidos e/ou signos distintivos de MONFOBUS, S.L. e/ou das EMPRESAS.

- A contratación dos servizos ofertados a través do portal web estará suxeita ás Condicións Xerais de Contratación e de Transporte que deberás aceptar previamente.

- A entidade MONFOBUS, S.L. non será responsable dos servizos de transporte contratados polos usuarios a través do portal web, senón que a responsabilidade polos mesmos corresponderá á entidade titular do servizo concreto contratado. Antes de rematar o proceso de compra neste sitio web, serás informado da empresa á que lle corresponde a titularidade do servizo de transporte.

- MONFOBUS, S.L. non será responsable dos danos e prexuízos que puideran causarse nos teus equipos informáticos como consecuencia da infección por virus, troianos, ou calquera outro elemento, correspondéndoche a ti, coma usuario do sitio web, dispoñer de ferramentas instaladas nos teus equipos para a detección e eliminación deste tipo de elementos que se poden difundir como consecuencia do uso de Internet.

- Cando accedas ao sitio web, o servidor onde se atopa aloxado, recoñecerá automaticamente a dirección IP que ten asignada o ordenador coa finalidade de que efectúes a conexión, o día e a hora á que accediches e abandonaches a conexión, e cales foron as partes do portal web polas que te moviches. É necesario que o servidor onde se atopa aloxado o sitio web coñeza estes datos do teu ordenador porque ten que poder comunicarse con el para enviarlle datos solicitados a través do navegador, e que poidas velos na túa pantalla. En calquera caso non é posible que deste xeito MONFOBUS, S.L. poida coñecer os teus datos persoais coma, por exemplo, o nome, enderezo, teléfono, etc…, agás no suposto que os facilitaras expresamente.

- No caso que incumpras as condicións de uso do sitio web, ou que exista a sospeita razoable de que o fagas, MONFOBUS, S.L. resérvase o dereito a limitar, suspender ou rematar o teu acceso ao portal web, adoptando cantas medidas técnicas sexan necesarias para isto.

- O acceso ao sitio web implica que aceptas as condicións establecidas no presente documento, así coma da política de privacidade (política de cookies, de protección de datos de carácter persoal, etc…) que se expoñerán a continuación.

4.- Política de cookies

Durante o acceso ao sitio web poderanse instalar cookies no disco duro do teu ordenador ata que as elimines, ocupando un espazo mínimo da memoria, e sen danar o teu dispositivo. As cookies son pequenos arquivos que se descargan e almacenan no teu equipo ao acceder a determinadas páxinas web, para almacenar e recuperar información sobre a navegación que se realiza dende ese equipo. As cookies son esenciais para o funcionamento de Internet, aportando vantaxes para a prestación de servizos interactivos, facilitando a navegación e uso do noso portal web.

Neste sitio web utilízanse cookies propias e de terceiros que permiten rexistrar algunhas das actividades que realices no sitio web, recoñecer o dispositivo que utilices, acceder a varias funcións importantes do portal web, manter seguras áreas privadas do portal web, lembrar as túas preferencias, personalizar o contido do sitio web para que se axuste mellor ás túas preferencias, permiten contabilizar o número de visitas e realizar estatísticas anónimas para mellorar os servizos ofertados, etc.

As cookies empregadas neste sitio web en ningún caso conteñen información persoal específica, polo que non revelan a túa identidade, nin permiten o acceso ao contido almacenado nos teus dispositivos (ordenador persoal, smartphone, tablet, etc…). Asemade, a maioría das cookies empregadas bórranse do disco duro ao rematar a sesión de navegador (as denominadas cookies de sesión). En todo caso, sen o teu expreso consentimento, (mediante a activación das cookies no teu navegador) non se enlazarán mediante as cookies os datos memorizados cos datos personais que poidas proporcionar no momento do rexistro ou a compra.

A través do seguinte enlace poderás obter información sobre o tipo de cookies que actualmente empregamos no noso sitio web: Tipos de cookies.

Posto que as cookies non resultan necesarias para a utilización do sitio web, podes rexeitalas e/ou eliminalas facilmente do teu equipo informático. Se non desexas recibir cookies, ou queres ser informado antes de ser almacenadas no teu ordenador, podes configurar o teu navegador para tal efecto, debendo ter en conta que a opción de bloqueo de cookies no teu navegador pode non permitirche o uso pleno de todas as funcionalidades do portal web. Os procedementos para o bloqueo e eliminación das cookies poden diferir dun navegador a outro, polo que recomendamos que consultes as instrucións de uso do teu navegador de Internet. Podes obter información sobre como configurar os navegadores máis usados nas seguintes ubicacións:

  • - Google Chrome, dende aquí.
  • - Internet Explorer, dende aquí.
  • - Mozilla Firefox, dende aquí.
  • - Safari, dende aquí.

Como indicamos, neste sitio web tamén facemos uso de cookies de terceiros, coma son Google Analytics e ClickTale. Trátase de servizos de analítica web que permiten a medición e análise da navegación nas páxinas web e, deste xeito, mellorar o rendemento da mesma. A través da analítica web obtense información relativa ao número de usuarios que acceden á web, o número de páxinas vistas, a frecuencia e repetición das visitas, a súa duración, o navegador utilizado, o operador que presta o servizo, o idioma, o terminal que emprega, ou a cidade á que está asignada a súa dirección IP. Esta Información posibilita un mellor e máis apropiado servizo por parte deste portal web. En calquera caso a información que ofrecemos no noso portal web é sempre con referencia á fonte. Se desexas ampliar a citada información podes dirixirte ao webmaster do dominio creador da cookie. Se non desexas utilizar algunha destas cookies tamén podes dirixirte aos enlaces que indicamos a continuación:

  • - Google Analytics e Google AdWords, dende aquí.
  • - ClickTale, dende aquí.

O acceso ao sitio web implica que fuches informado dunha forma clara e completa sobre o uso de dispositivos de almacenamento e recuperación de datos (cookies) así coma que MONFOBUS, S.L. dispón do teu consentimento para o uso das mesmas, tal e como establece o artigo 22 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI-CE).

No caso de que teñas algunha dúbida sobre esta política de cookies, podes contactar con MONFOBUS, S.L. a través da dirección de correo electrónico: info@monbus.es.

5.- Protección de datos de carácter persoal

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica de Protección de Datos 15/1999 (de agora en diante LOPD), polo que se regula o dereito de información na recollida de datos, informámoste que o suministro de calquera dato de carácter persoal a través dos distintos formularios e/ou direccións de correo electrónico existentes no portal web implica aceptar e consentir o tratamento dos mesmos nos termos que se indicarán a continuación.

Os datos persoais recollidos serán obxecto de tratamento de acordo co disposto na LOPD, e incorporados e conservados, por un lado, en determinados ficheiros titularidade de MONFOBUS, S.L., e, por outro, nos ficheiros das EMPRESAS que sexa necesario, actuando como responsables dos ficheiros que correspondan, atopándose estes últimos debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

En xeral, a recollida e tratamento dos datos persoais facilitados polo uso do portal web ten como finalidades as que a continuación se relacionan: facilitar a xestión das relacións que os usuarios manteñan con MONFOBUS, S.L. ou coas EMPRESAS; facilitar o acceso ao sitio web mediante claves de acceso; satisfacer a unha concreta petición, entrega, consulta ou prestación dun servizo solicitado polos usuarios; administrar o rexistro de usuarios e realizar enquisas sobre a satisfacción dos servizos ofrecidos a través do sitio web; poder contactar cos usuarios, atender e xestionar axeitadamente as consultas, comentarios, incidencias ou suxestións remitidas; xestionar as tarefas básicas de administración; atender e xestionar axeitadamente as solicitudes de orzamentos que se nos remitiron a través deste medio; manter informados aos usuarios por correo electrónico ou por calquera outro medio de comunicación das novidades, produtos e servizos ofertados por MONFOBUS, S.L. e/ou AS EMPRESAS que puideran ser do seu interese; xestionar satisfactoriamente a compra de billetes online; xestionar a alta, modificación ou baixa das tarxetas e/ou bonos ofrecidos polas EMPRESAS, levar a cabo as xestións necesarias para axeitar a participación dos usuarios en procesos de selección de persoal ofertados por MONFOBUS, S.L. e/ou AS EMPRESAS, etc…

Os datos persoais que che solicitaremos no sitio web resultan necesarios, de maneira que de non facilitalos non será posible a prestación do servizo requerido. Neste sentido, consintes expresamente a recollida e o tratamento dos mesmos para as citadas finalidades.

No caso que remitas información relacionada co teu CV para a bolsa de traballo ou para participar en procesos de selección de persoal, previamente deberás aceptar a cláusula de privacidade específica que poderás consultar no formulario correspondente. A información que che solicitaremos serviranos para poder crear a base de datos dos distintos candidatos a cubrir os postos de traballo que se oferten no sitio web, efectuar o correspondente proceso de selección e comunicar os resultados do mesmo, polo que, agás que indiques o contrario, teranse en conta tamén en futuros procesos de selección que se axusten ao teu perfil profesional. Deste xeito, ao inscribirte na oferta de emprego declaras que os datos facilitados son correctos, e dás o teu consentimento expreso para que sexan recollidos e tratados nun ficheiro de titularidade de MONFOBUS, SL, entidade encargada de efectuar os procesos de selección da empresa, todo iso de acordo co disposto no Art. 5 e seguintes da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos; e no Art. 12 e seguintes do RD 1720/2007. Asemade, como no sitio web se poden ofertar postos vacantes de distintas empresas, ao inscribirte na oferta ou enviar o teu CV e aceptar a cláusula de privacidade consintes de forma expresa que comuniquemos os teus datos coa mesma finalidade á empresa de transporte que oferte o posto de traballo, así coma ao resto de empresas que oferten postos de traballo a través do sitio web para futuros procesos de selección. Esta comunicación de datos permitirá levar a cabo o proceso selectivo.

En todo caso, cando a recollida de datos se realice mediante formularios, indicaranse expresamente aqueles que resulten obrigatorios para a petición ou consulta, ou para a prestación dos servizos solicitados. A negativa a subministrar os datos obrigatorios supoñerá a imposibilidade de atender a concreta solicitude da que se trate. En relación coas posibles comunicacións de datos a terceiros, informarémosche previamente, facilitándoche os mecanismos necesarios para opoñerte ás mesmas, de acordo co disposto na normativa vixente.

Agás que indiques expresamente o contrario, ao facilitarnos os teus datos persoais autorízasnos de forma expresa para o tratamento dos mesmos e, de forma específica, para poder tratalos, no seu caso, con fins publicitarios. A cumprimentación de formularios ou envío de correos electrónicos ou outras comunicacións implica o teu consentimento expreso para que MONFOBUS, S.L. poida tratar os teus Datos de Carácter Persoal.

Calquera usuario rexistrado poderá en calquera momento posterior revocar a autorización concedida para o tratamento dos datos persoais, nos termos establecidos na normativa que en cada momento se atope vixente.

Ao enviar os datos responderás da veracidade dos mesmos, reservándose MONFOBUS, S.L. o dereito a excluírte dos servizos rexistrados en caso que facilitaras datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito. No suposto de producirse algunha modificación nos teus datos de carácter persoal, deberá comunicalo a MONFOBUS, S.L. Calquera candidato que insira un contido que contraveña a legalidade vixente deberá asumir a responsabilidade dos prexuízos e consecuencias derivadas desta acción. Neste sentido, e de xeito ilustrativo e non limitativo, está prohibido remitir contido que:

  • - Contraveña o disposto na normativa nacional, comunitaria ou internacional vixente.
  • - Atente contra os dereitos fundamentais das persoas, ou poidan descualificar ou molestar ao resto de candidatos ou terceiros.
  • - Contraveñan os principios de legalidade, responsabilidade, protección da dignidade humana, protección de menores, protección da orde pública, a protección da vida privada, a protección do consumidor e os dereitos da propiedade intelectual e industrial.

Os menores de 14 anos non deberán enviar ningunha información persoal sen o consentimento do seu pai ou titor. MONFOBUS, S.L. non será responsable de ningunha información persoal enviada polos menores de 14 anos sen a autorización oportuna.

MONFOBUS, S.L. adoptou os niveis de seguridade de protección de datos persoais requeridos pola normativa vixente, en función do tipo de información tratada e implantou outros medios técnicos adicionais ao seu alcance para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado dos datos persoais facilitados.

Calquera usuario que o desexe, pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, con arranxo ao previsto na LOPD e demais normativa aplicable ao efecto, mediante o envío dunha solicitude debidamente asinada, incluíndo o seu nome, apelidos e fotocopia do DNI ou otro documento acreditativo válido, na que se solicite o exercicio daqueles dereitos que desexe, a MONFOBUS, S.L. R/ Cotón de Arriba nº 2, Polígono da Louzaneta, 27297 LUGO, ou por email ó enderezo tic@monbus.es. No caso no que na notificación inclúas datos de carácter persoal, referentes a terceiros, deberás informarlles previamente dos extremos contidos nos párrafos anteriores.

6.- Dereito de propiedade intelectual e industrial

A totalidade dos contidos, elementos, deseños e aplicacións albergados neste sitio web, calquera que sexa o seu formato e características, así coma todos os Dereitos de Propiedade Industrial e Intelectual inherentes a dito portal web, son titularidade de MONFOBUS, S.L. e/ou das EMPRESAS, estando protexidos tanto pola normativa de Propiedade Industrial e Intelectual coma polo resto de lexislación que poida ser de aplicación. Dito contido non poderá ser obxecto de explotación, reprodución, distribución, modificación, comunicación pública, cesión, transformación nin de calquera outro procedemento de difusión, que non fora expresa e previamente autorizado. MONFOBUS, S.L. e AS EMPRESAS resérvanse o exercicio das accións xudiciais que lles asistan fronte a quen vulnere os dereitos da súa titularidade aos que se fixo referencia.

7.- Modificación do aviso legal e a política de privacidade

MONFOBUS, S.L. resérvase o dereito a modificar o presente aviso legal e política de privacidade para adaptalo ás novas circunstancias, así coma aos cambios lexislativos, xurisprudenciais, ou a novos criterios interpretativos da Axencia Española de Protección de Datos, polo que che recomendamos a súa lectura antes de cada acceso e navegación pola páxina web.

8.- Seguridade e confidencialidade no proceso de pago

Co obxecto de garantir a seguridade das transaccións efectuadas a través do portal web, a verificación e xestión previa da información que facilites respecto da tarxeta de pago realizarase directamente polo provedor ou emisor do medio de pago utilizado, que adopta outras medidas para evitar o fraude e que poden provocar o rexeitamento de certo tipo de operacións. Neste caso nin MONFOBUS, S.L. nin AS EMPRESAS serán responsables dos prexuízos que puidera ocasionar a aplicación das políticas que teñan aprobadas os distintos provedores ou emisores de medios pago.

Queda prohibido o emprego dun medio de pago titularidade dun terceiro agás no caso de contar coa autorización expresa de dito terceiro, sendo responsabilidade do usuario a proba de dita autorización, e asumindo todos os danos e prexuízos que se produzan a MONFOBUS, S.L. ou ás EMPRESAS.

9.- Enlaces (links)

Este sitio web pode conter enlaces (links) a outras páxinas web, se ben a presenza destes enlaces, agás que expresamente se indique o contrario, unicamente terán unha finalidade meramente informativa, sen que se poida considerar unha suxestión, invitación ou recomendación a acceder aos mesmos. MONFOBUS, S.L. resérvase o dereito a retirar en cualquera momento e sen previo aviso estes enlaces. MONFOBUS, S.L. non será responsable do contido dos sitios enlazados mediante links que figuren no portal web, nin das súas condicións de uso e políticas de confidencialidade, sendo o usuario o único responsable de comprobalos e aceptalos cada vez que acceda e empregue os mesmos.

No suposto que consideres que existe un sitio enlazado con contidos ilícitos ou desaxeitados, rogamos que o comuniques a MONFOBUS, S.L. a través da dirección de correo electrónico info@monbus.es, para que se poida valorar se é necesario retirar o correspondente enlace e, no seu caso, adoptar as medidas oportunas.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe establecer un enlace dende a súa páxina ou sitio web con este portal web deberá obter a autorización previa, expresa e por escrito de MONFOBUS, S.L. O establecemento de dito enlace non implica en ningún caso a existencia de relacións entre MONFOBUS, S.L. e/ou AS EMPRESAS co titular da páxina na que se realizou o mesmo, como tampouco supón a aceptación e/ou aprobación por parte de MONFOBUS, S.L. e/ou AS EMPRESAS dos seus contidos ou servizos. En calquera caso MONFOBUS, S.L. resérvase expresamente o dereito a prohibir ou inutilizar en calquera momento os enlaces ao portal web.

10.- Áreas de acceso restrinxido

Para entrar nas áreas de acceso restrinxido, deberás dispoñer das claves de acceso correspondentes.MONFOBUS, S.L. resérvase o dereito a aceptar ou rexeitar libremente a solicitude de rexistro de calquera usuario. Os datos que introduzas deberán ser exactos, actuais, veraces e serán procesados e tratados en cumprimento da lexislación vixente en materia de protección de datos persoais.

En todo caso serás responsable da custodia da túa clave de acceso, polo que será da túa exclusiva responsabilidade calquera dano e/ou prexuízo que puidera derivarse dun uso indebido da mesma, así coma do seu extravío ou calquera outra circunstancia que puidera supoñer un risco de utilización da mesma por terceiros non autorizados. No caso que creas que un terceiro puido coñecer a túa clave de acceso, deberás comunicalo inmediatamente a MONFOBUS, S.L. solicitando o bloqueo e substitución da túa clave.

11.- Consecuencia da nulidade dalgunha disposición deste documento

No suposto que algunha das disposicións contidas no presente documento sexa declarada nula, procederase á retirada ou substitución da mesma. En calquera caso, dita declaración de nulidade non afectará á validez do resto de disposicións recollidas no presente documento.