Alugueiro de autobuses. Solicita aquí orzamento

Precisas axuda?

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Extras

Persoa de contacto

Empresa

Alugueiro de vehículos con condutor

A principios do século pasado xa ofreciamos Servizos Discrecionais: viaxes esporádicos a petición e a medida de grupos organizados, a través do alugueiro de minibuses e autocares. Na actualidade, Monbus ampliou a oferta podéndose alugar turismos de alta gama con condutor e, grazas á confianza dos nosos clientes, é unha das principais liñas de negocio de Monbus. Un chofer profesional con ampla experiencia no sector, boa presenza e educación estará ao coidado de todo o que precises no teu desprazamento.

Un mundo de posibilidades “á carta”

O servizo discrecional ofrece aos nosos clientes infinidade de opcións á medida de cada un. Eventos puntuais coma unha excursión en familia, un congreso, unha feira gastronómica, un campamento xuvenil... ou quizais un camiño por etapas, seguir ao teu equipo cada fin de semana ou ao teu grupo musical favorito alá onde vaia. Tamén podes incorporar elementos de confort adicionais: engade unha estrela máis á túa viaxe.

Frota renovada

Máis de 200 vehículos das principais marcas do mercado, cunha idade media de apenas un ano, son destinados a servizos de transporte discrecional en Monbus. Esta novísima frota, composta por turismos de luxo e unha ampla gama de minibuses e autocares de ata 89 prazas, conta cos últimos avances tecnolóxicos, co obxectivo de maximizar os niveis de seguridade e confort.

Wi-Fi a bordo

Agora podes conectarte a internet sen cable e completamente gratis, en calquera vehículo que alugues con capacidade superior a 30 prazas.

Infraestrutura loxística internacional

Monbus conta cunha rede extensa de talleres e bases distribuídas por toda España que, apoiada pola actividade de Eurolines, posibilitan chegar con garantías a calquera recanto da Comunidade Europea.

Un servizo sen límites

Sen límite de horarios, sen límite de prazas, sen límite de destinos.

Os nosos clientes, a mellor garantía

O servizo discrecional Monbus conta cunha gran carteira de clientes que escribiron e escriben a súa historia: os mellores clubs deportivos e os seus seguidores, a Administración e Institucións, as principais feiras de Congresos, federacións, asociacións culturais, medios de comunicación, axencias de viaxes e tour-operadores, así coma centenares de familias, parellas, compañeiros e grupos de amigos... De todos eles e das súas experiencias nutriuse Monbus para poder ofrecer cada día un servizo mellor e máis axeitado ás necesidades de cada un. A todos eles, grazas pola súa confianza.