Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

PREGUNTAS FRECUENTES

Cal é a túa pregunta?

Como podo formular unha reclamación ante a Xunta Arbitral de Transportes?

Corresponde ás Xuntas Arbitrais resolver, cos efectos previstos na lexislación xeral de arbitraxe, as controversias de carácter mercantil xurdidas en relación co cumprimento dos contratos de transporte terrestre cando, de común acordo, sexan sometidas ao seu coñecemento polas partes intervenientes ou outras persoas que ostenten un interese lexítimo no seu cumprimento. Así mesmo, dacordo co disposto no artigo 6 do ROTT, quedan, en todo caso, excluídas da competencia das Xuntas as controversias de carácter laboral, penal ou tributario.

Ademáis, corresponderalles resolver, en idénticos termos aos anteriormente previstos, as controversias xurdidas en relación cos demais contratos celebrados por empresas transportistas e de actividades auxiliares e complementarias do transporte cuxo obxecto estea directamente relacionado coa prestación por conta allea dos servizos e actividades que, conforme ao previsto na presente Lei, atópanse comprendidos no ámbito da súa actuación empresarial.

Presumirase que existe o referido acordo de sometemento á arbitraxe das Xuntas sempre que a contía da controversia non exceda de 15.000 euros e ningunha das partes intervenientes no contrato manifestase expresamente á outra a súa vontade en contra antes do momento en que se inicie ou debese iniciarse a realización do transporte ou actividade contratado.

Salvo que as partes pactasen previamente e por escrito a submisión a unha Xunta concreta, a competencia territorial das Xuntas Arbitrais virá determinada, a elección do demandante, pola orixe ou destino do transporte ou polo domicilio da empresa prestadora do servizo. Cando o demandante sexa un consumidor ou usuario dos definidos na lexislación para a defensa dos consumidores e usuarios, poderá optar ademais pola Xunta competente no lugar en que teña a súa residencia habitual. Cando unha controversia sexa presentada ante máis dunha Xunta, será competente aquela #ante a que se suscitou con anterioridade, debendo absterse no seu favor as restantes.

A posibilidade de acción ante as Xuntas para promover a arbitraxe de controversias de carácter mercantil xurdidas en relación co cumprimento dos contratos de transporte terrestre e daqueloutros que teñan por obxecto a prestación das actividades auxiliares e complementarias do transporte reguladas na LOTT, prescribirá nos mesmos prazos en que se produciría se se tratase dunha acción xudicial que se expuxese ante os Tribunais de xustiza.

As actuacións arbitrais das Xuntas serán instadas por escrito asinado polo actor ou os seus representantes, no que se expresará o nome e domicilio do reclamante e da persoa contra a que se reclama, facendo exposición dos fundamentos de feito e de dereito nos que se xustifique a reclamación, especificando de forma clara e precisa a petición e propoñendo as probas que se estimen pertinentes. Para a comparecencia ante a Xunta de Arbitraxe non será necesaria a asistencia de avogado nin procurador. A intervención das Xuntas é gratuíta.

Podes obter máis información consultando os artigos 37 e 38 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres (LOTT); os artigo 6 a 12 do Real Decreto 1211/1990, do 28 de setembro, (ROTT), así como nas normas das distintas Comunidades Autónomas que as constituíron.

Foiche de utilidade esta resposta?

Si Non
Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.