Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

FROTA

AUTOCARES

Máis de 700 vehículos entre minibuses e autocares, cunha antigüidade media inferior aos 7 anos, cobren gran parte dos servizos que oferta Monbus, percorrendo cada ano uns 200 millóns de quilómetros a través dunha boa parte da xeografía española e o estranxeiro. A frota renóvase anualmente cos últimos modelos do mercado, o que nos permite un servizo de calidade superior.

  • Mercedes Tourismo, Castrosua Stellae e Noge Touring de Monbus
  • Autobús Mercedes Castrosua Stellae de Monbus
  • Autobús SETRA ComfortClass 500 de Monbus


  • Autobús Noge Touring HD de ata 30 prazas de Monbus
  • Minibus Noge Touring HD de Monbus na Costa de Lugo
  • Minibus Noge Touring HD de Monbus na Mariña Lucense

Minibuses con capacidade media - baixa

Se viaxas cun grupo reducido, se cadra interésache un pequeno vehículo de 9 metros de lonxitude máxima co que moverte de forma áxil en distancias curtas.

  • Autobús Noge Touring HD de Monbus
  • Autobús SETRA ComfortClass 500 de Monbus
  • Autobús Mercedes Tourismo de Monbus

Autocares con capacidade estándar

Monbus pon á túa disposición unha ampla gama de autocares de ata 13 metros de lonxitude, concebidos para realizar desprazamentos de longa distancia do xeito máis seguro e confortable.

  • Autobús Mercedes Castrosua Stellae de Monbus
  • Autobús SETRA S431 DT de dobre piso de Monbus
  • Autobús Mercedes Irizar i6 15m de Monbus

Autocares de gran capacidade

Ofertamos vehículos de tres eixes e 15 metros de lonxitude para un máximo de 69 pasaxeiros e tamén sofisticados autocares de dobre piso con capacidade de ata 89 prazas. Este tipo de vehículos son máis eficientes enerxeticamente e por extensión máis respectuosos co medio, ao contribuír á redución na emisión de gases nocivos e niveis sonoros.

Seguridade e confort

Todos os autocares de Monbus están equipados cos sistemas de seguridade e confort máis avanzados, para facer da túa viaxe unha experiencia realmente pracenteira.

SEGURIDADE

  • Autobús de Monbus dotado das máximas medidas de seguridade
  • Sistema Antibloqueo (ABS)
  • Sistema de tracción antiescorregadizo (ASR)
  • Control de Estabilidade (ESP)
  • Sistema Integral Antixiro
  • Freo hidráulico (Intarder)
  • Cinturón de seguridade en cada asento
  • Cristais dobres
  • Control automático de velocidade (Tempomat)
  • Espellos eléctricos calefactables
  • Cámara marcha atrás
  • Faros de iluminación Bixenon

CONFORT

  • Aseos WC de grande amplitude e comodidade nos autobuses Monbus
  • Butacas anatómicas e reclinables
  • Elevación e descenso da carrocería para maior facilidade de acceso (Level)
  • Repousapés
  • Revisteiro
  • Climatización de temperatura
  • Saída de aire individual
  • Pantallas planas TV LED de ata 22 polgadas
  • Conectividade USB en cabina de mando
  • Neveira
  • WC Aseos

Wi-Fi

  • Conexión WI-FI gratuíta no autobús para conectarse a Internet

Durante a viaxe poderás conectarte a internet de forma inalámbrica e completamente gratuíta a través do teu computador portátil, smartphone ou tablet. A día de hoxe, máis do 50% dos vehículos da frota de Monbús levan instalada tecnoloxía Wi-Fi para o gozo dos pasaxeiros e ampliarase a oferta nun número importante deles.

* Equipamento dispoñible en vehículos destinados a servizos de Transporte Discrecional con capacidade superior a 30 prazas. Algúns destes elementos están suxeitos a dispoñibilidade en función do tipo de vehículo.

ELEMENTOS DE CONFORT OPCIONAIS

  • Amplio espacio entre butacas Confort Plus para maior comodidade
  • Asentos reclinables do autobús Castrosua Stellae de Monbus
  • Asento Confort Plus Butacas de calidade superior e maior distancia entre elas para viaxar cun plus de comodidade.
  • Ampla reclinación e gran separación entre asentos Excellence
  • Asentos de luxo do modelo de autobús SETRA de Monbus
  • Asento Excellence Asentos de luxo e gran separación entre butacas para unha ampla reclinación. Unha experiencia de viaxe próxima á excelencia.
  • Servizos adaptados para Persoas de Mobilidade Reducida (PMR)
  • Accesibilidade PMR Monbus realiza importantes esforzos para proporcionar un servizo de transporte público adaptado para todos os cidadáns. Na actualidade, un de cada dous autocares de Monbus é perfectamente accesible para Persoas de Mobilidade Reducida (PMR), xa que dispoñen de ramplas de acceso mecanizadas e espazos deseñados especificamente para este tipo de necesidades. O noso obxectivo é facilitar a entrada e posterior desaloxo dos vehículos a calquera persoa que se desprace en cadeira de rodas, a anciáns, embarazadas, adultos con nenos pequenos... e en xeral, a calquera persoa que presente dificultades psíquicas ou físicas que lle impidan realizar estas actividades con normalidade.
  • Enchufe individual para conectar o smartphone no autobús
  • Enchufe Individual Se levas contigo un computador portátil, smartphone ou tablet agora poderás navegar por internet ou seguir traballando sen temor a que se che esgote a batería durante a viaxe, sendo un dos extras preferidos polos usuarios.
  • Mesa de xogos e reunións instalable para servizo discrecional
  • Mesas de xogos e xuntanzas Solicítanos a instalación dunha ou varias mesas se o que buscas é entretemento e diversión con amigos ou talvez organizar unha xuntanza de negocios na estrada. Esta opción só está dispoñible para servizos de transporte discrecional á carta.
  • Entretemento a bordo por medio de pantallas individuais
  • Entretemento a bordo Monbus, da man de Vibasa, ofréceche acceso totalmente gratuíto a contidos multimedia (películas, series, música, xogos, internet?) por medio de pantallas táctiles en butacas dianteiras ou desde o teu propio dispositivo (smartphone, tableta e computador) no resto de prazas. Dei adeus ás viaxes longas!
  • Iluminación LED de lectura individual e aire acondicionado
  • Iluminación interior LED de lectura individual Con este sistema de “luz fría” minimízase a emisión de calor, o que posibilita que poidas gozar da lectura dunha revista ou dunha novela durante o tempo que queiras.
  • Mesas abatibles no respaldo da butaca do asento dianteiro
  • Mesas abatibles no respaldo da butaca Resultaranche de utilidade para apoiar o teu dispositivo electrónico e demais aparellos, así coma unha botella de auga ou lata de refresco cando o precises.
  • Maior protección e privacidade cos cristais privacy extratintados
  • Cristais privacy extratintados Consigue por un lado unha maior protección ante a incidencia dos raios solares e por outro un plus de privacidade para os teus desprazamentos en grupo.
Estas especificacións recollen unha mostra representativa das características xerais dos vehículos da nosa frota e en ningún caso posúen un valor contractual.