Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

XXII Festival de Jazz & Blues de Pontevedra

Durante cinco días, as populares prazas do Teucro e Ferrería de Pontevedra encheranse de jazz, blues e soul grazas ao XXII Festival de Jazz & Blues de Pontevedra. Entre o 21 e o 26 de xullo, a cidade do Lérez acollerá citas con algúns dos músicos de maior sona da escena jazz internacional.

Seis concertos gratuítos, distribuídos entre as prazas do Teucro e Ferraría, farán as delicias dos amantes deste xénero. Eric Bibb tráenos o mellor blues acústico norteamericano. Con 35 álbums as súas costas, o neoiorquino presentará o seu último traballo o venres 25 na Praza da Ferraría. O baixista Richard Bona deleitaranos co seu jazz-fusión o mércores 23 no mesmo lugar. Ao día seguinte o toque vocal poñerano Robin McKelle & The Flytones facendo gala do seu último disco “Heart Of Memphis”. A representación nacional ven da man dos galegos Xan Campos e o seu grupo, Gabriel Peso Trío e Marcos Pin Factor E-Reset. Ademais, celebraranse jam-sessions, talleres e jazz na rúa para completar o festival.

Esta XXII edición mantense na liña das anteriores, con formato gratuíto e apto para todos os públicos. Se non queres perderte esta cita musical, Monbus levarate cara a Pontevedra dende Barcelona, Bilbao, Pamplona, Logroño, Vigo, Compostela… e dende moitos outros lugares da xeografía española. Se queres vir a Pontevedra cos teus amigos tamén podes alugar un coche por uns días ou mesmo aluga un autobús!

Pontevedra