Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

PREGUNTAS FRECUENTES : Equipaxe e mascotas

Cal é a túa pregunta?

Preguntas

  • Pódense transportar bicicletas, táboas de surf, esquís, instrumentos musicais?

    Se queres transportar bicicletas, táboas de surf, esquís, etc… deberás facturalas no momento de adquisición do billete, polo que terás que aboar a tarifa especial que se indica durante o proceso de compra na páxina web www.monbus.es. A posibilidade de transportar este tipo de obxectos  verase supeditada á dispoñibilidade de espazo no maleteiro do vehículo e, en todo caso, o máximo de unidades que se poderán transportar por vehículo será de tres, non podendo transportar máis dunha por viaxeiro. Deberás embalar correctamente a túa equipaxe especial (bicicletas, táboas de surf, esquís, etc…) para evitar deteriorar ou ensuciar a equipaxe do resto de pasaxeiros, así coma preservar o estado da túa. No caso das bicicletas, ademais de embalalas, deberás levalas coa roda dianteira desmontada. No caso de transportar este tipo de obxectos deberás presentarte ao embarque cunha antelación mínima de dez minutos sobre a hora estimada de saída. Se ao chegar ao embarque comprobas que non hai espazo no maleteiro para transportar algún destes obxectos, a empresa adoptará as medidas oportunas para trasladalo no seguinte servizo no que haxa espazo dispoñible, sen que teñas dereito a indemnización de ningún tipo por este cambio.

     

    • podense-transportar-bicicletas-taboas-de-surf-esquis-instrumentos-musicais

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Cal é o peso máximo permitido e o tamaño para a equipaxe convencional?

    A compra do billete dache dereito a transportar gratuitamente dúas pezas de equipaxe (maleta, mochila ou bolso de viaxe) sempre e cando teñan unhas dimensións inferiores a medio metro cúbico, e non superen no seu conxunto os 30 kg., quedando excluídas as equipaxes especiais que deberás facturar de xeito independente aboando a tarifa correspondente.

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Pode viaxar a miña mascota no autobús?

    Si, sempre e cando se cumpran os requisitos que se establecen nas Condicións Xerais do servizo de transporte que poderás consultar no proceso de compra. En todo caso é importante que saibas que:

    - Non está permitido o transporte de animais no habitáculo dos viaxeiros, agás os cans de asistencia de persoas con discapacidade ou con trastornos diabéticos ou epilépticos a condición de que cumpra cos termos contemplados no Real Decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade
    - As mascotas sempre deberán viaxar no mesmo servizo no que o faga o seu dono.
    - Unicamente se admitirá unha mascota por servizo.
    - A túa mascota deberá viaxar no maleteiro do vehículo e no interior dunha gaiola ou habitáculo debidamente homologado.
    - O transporte do animal realizarase baixo a responsabilidade do seu dono.

    Se desexas obter máis información sobre os requisitos esixidos consulta as Condicións Xerais do servizo de transporte.

    En servizos urbanos e metropolitanos este reglamento estará supeditada á normativa municipal.

    • podense-transportar-bicicletas-taboas-de-surf-esquis-instrumentos-musicais

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Viaxará segura a miña mascota no maleteiro?

    No maleteiro do autocar, os animais viaxan seguros, aínda que hai que ter en conta que o seu transporte realizarase baixo a túa enteira responsabilidade e que terás que viaxar no mesmo servizo. Así mesmo, tes que presentala ao subir ao autobús en perfectas condicións de hixiene e físicas, e no interior dunha gaiola ou habitáculo debidamente homologado, exonerando á empresa transportista de calquera dano que puidera sufrir a mascota durante o transporte. En ocasións pode ser recomendable a sedación do animal para minimizar as situacións de estrés durante a viaxe.

    É posible alimentar aos animais que viaxen no maleteiro cando o vehículo realice unha parada técnica?

    Si, tan só debes solicitar ao condutor a apertura do maleteiro para poder acceder á gaiola ou habitáculo do animal. É recomendable nestes casos, situar a gaiola ou habitáculo nun lugar onde sexa doadamente accesible durante as paradas.

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.