Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Resurrection Fest 2014 (Viveiro)

A deusa viquinga do son metal conquistará Viveiro este verán. Esta preciosa localidade costeira pertencente á provincia de Lugo acolle este festival de fama internacional, que se converteu nun dos referentes mundiais do seu xénero, chegando a 33.000 asistentes en 2013.
Na súa novena edición, o Resurrection fest conta como cabeza de cartel cos californianos NOFX, banda xa considerada de culto no panorama rock estadounidense despois de 31 anos na brecha, 12 discos de estudio e 6 millóns de copias vendidas en todo o planeta. Co seu peculiar estilo transgresor, o líder da formación, o baixista Fat Mike (Gordo Mike) é o propietario do selo discográfico Fat Wrek Chords imprescindible na escena punk rock americana.
Tampouco faltarán á cita importantes bandas como Sick of it all (Os neoiorquinos volven ao "Resu" con máis forza que nunca e dispostos a  facer vibrar ao público co seu son hardcore contundente) o Crowbar e o seu puro sludge metal dende Luisiana. Os suecos Amon Amarth envoltos nun misticismo que bebe das lendas nórdicas, dende a cidade Tumba, son o máximo expoñente do denominado viking metal, especialmente recomendados para os amigos dos sons máis sombríos... e así ata 60 bandas repartidas en 3 escenarios e que sen dúbida... farán as delicias dos incondicionais da música extrema a guitarrazo limpo.

Viveiro, Lugo