Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

L'Aplec del Caragol (Lleida)

L'Aplec del Caragol é unha celebración coñecida en toda España e parte de Europa que foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional e Nacional de Interese Tradicional. A organización está composta por un centenar de grupos que amenizan os pasacalles con moita vitalidade e alegría. Gozarás dun estilo de cor e música no que poderás admirar os vistosos traxes e o desfile de estandartes.

Doce toneladas destes caracois chegados do resto da península, do norte de África, de Sudamérica, cociñaranse para deleite de asociacións e visitantes. Ofrécenche prezos populares para que poidas degustar este exquisito prato. Neste ambiente hospitalario e amable podédesvos divertir ao máximo coas verbenas, concertos, os impresionantes castellers, exhibicións de danza... Algo realmente curioso co que te vas atopar é a carreira de caracois! Cal será o gañador este ano?

O resultado de toda esta mestura é unha festa trepidante onde a diversión está asegurada. Non o penses máis, viaxa con Monbus para sumerxirte nesta atmósfera festiva que xamais esquecerás. Para acudir á cita podes viaxar en autobús de liña regular dende calquera das orixes ofertadas. Se o prefires tamén podes informarte sobre o noso servizo discrecional nesta mesma web ou alugar un coche e organizar a viaxe como ti queiras.

Lleida