Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Primavera Sound 2015 (Barcelona)

Achégase o momento esperado por moitos de vós... Primavera Sound 2015 arrinca o vindeiro 28 de maio en Barcelona para ofrecervos, como cada ano, a mellor selección musical. 

Abranguendo diferentes xéneros, principalmente pop, rock e a música electrónica, non deixan de tocar outros estilos, xa que ademais da calidade, apostan pola variedade para que calquera xeración poida asistir ao festival e atopar o que busca. Co paso dos anos, Primavera Sound foise asentando ata converterse en todo un referente do panorama musical a nivel internacional. Proba disto é que dos 8.000 asistentes da primeira edición no ano 2001, pasouse aos 190.000 en 2014.

Unha inmensa lista de artistas ocupará os distintos escenarios do Parc do Forum: a incombustible Patti Smith coa súa banda, os estadounidenses The Strokes, o dúo de blues-rock The Black Keys ou a carismática formación Interpol son unha breve mostra do que poderemos atopar ata o 30 de maio no festival.

Ademais para disfrute dos habitantes da Cidade Condal, terá lugar un ciclo de concertos gratuítos, o Primavera als Barris, que se celebrará en diferentes centros cívicos e espazos para a mocidade de Barcelona.

Escolle nesta web unha maneira de viaxar ata a cidade de Barcelona para asistir a este evento. Monbus poncho doado: a través das nosas liñas regulares desde calquera lugar de orixe ofertado, alugando un autocar para grupos configurando o itinerario ao teu gusto, ou quizais indo ao volante dun coche de aluguer sen condutor.

Parc del Fórum, Barcelona