Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Día da Androlla

Incluído no programa de festas do Entroido de Viana do Bolo, o “Domingo Gordo” (día grande da festa), vénse celebrando, dende 1970, a Festa da Androlla, unha das grandes festas gastronómicas de Galiza.
Trátase dun produto referente da gastronomía vianesa e galega, onde miles de persoas se reúnen para gozar deste manxar. A androlla está feita con costela de porco aderezada con pimentón, sal e allo e adoita comerse acompañada de “cachelos” (patacas cocidas) e grelos. E como Galiza é terra de produtos de calidade, os bos viños e licores nunca fallan neste tipo de festas.
Unha xornada que non te podes perder: gastronomía e festa asegurada, xa que ademais se levan a cabo numerosos actos como desfiles de comparsas, charangas e os famosos folións cos Boteiros.
Polo tanto, se queres pasar unha reunión de festa e gastronómica, o día da Androlla espérate.

Viana do Bolo, Ourense.