Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Entroido de Tarragona

O Entroido de Tarragona está marcado pola tradición e a historia, xa que as súas orixes se remontan ás festas que celebraban os romanos.

Desde o 2  ata o 13 de febreiro podes gozar deste entroido que  mantén elementos tan remotos como a presenza do Rei Entroido que, acompañado en todo momento da nova Raíña, é o fío condutor de todos os actos que se levan a cabo.

Con actividades para todas as idades, toda unha secuencia ritual marca ano tras ano o ritmo da festa, dende o domingo anterior ao Xoves Lardero ata o Martes de Entroido co enterro do Rei Entroido.

Imposible esquecerse dun dos actos máis característicos destas festas: o espectáculo do Disfrace de Ouro, onde os reis e raíñas das comparsas desfilan lucindo as súas maxestosas galas, dentro dunha posta en escena digna de admirar.

A gastronomía tamén xoga un papel importante nesta festa, xa que conta cunha serie de produtos típicos, como poden ser a torta de roxóns ou a morcilla de ovo.

Xa sabes: cores, festa, desfiles, música, espectáculo, diversión e gastronomía estan á túa espera este ano no Entroido de Tarragona. Non o podes perder!

Podes viaxar a Tarragona desde varios puntos da xeografía española como Lleida, Igualada, Pamplona ou San Sebastián, entre outros.

Se prefires achegarte co teu grupo de amigos, tamén podes alugar un autobús; ou organizar ti mesmo a viaxe, consultando o noso servizo de alugueiro de coches.

 

Tarragona