Entroido de Tarragona
O Entroido de Tarragona está marcado pola tradición e a historia, xa que as súas orixes se remontan ás festas que celebraban os romanos.
Desde o 2 ata o 13 de febreiro podes gozar deste entroido que mantén elementos tan remotos como a presenza do Rei Entroido que, acompañado en todo momento da nova Raíña, é o fío condutor de todos os actos que se levan a cabo.
Con actividades para todas as idades, toda unha secuencia ritual marca ano tras ano o ritmo da festa, dende o domingo anterior ao Xoves Lardero ata o Martes de Entroido co enterro do Rei Entroido.
Imposible esquecerse dun dos actos máis característicos destas festas: o espectáculo do Disfrace de Ouro, onde os reis e raíñas das comparsas desfilan lucindo as súas maxestosas galas, dentro dunha posta en escena digna de admirar.
A gastronomía tamén xoga un papel importante nesta festa, xa que conta cunha serie de produtos típicos, como poden ser a torta de roxóns ou a morcilla de ovo.
Xa sabes: cores, festa, desfiles, música, espectáculo, diversión e gastronomía estan á túa espera este ano no Entroido de Tarragona. Non o podes perder!
Podes viaxar a Tarragona desde varios puntos da xeografía española como Lleida, Igualada, Pamplona ou San Sebastián, entre outros.
Se prefires achegarte co teu grupo de amigos, tamén podes alugar un autobús; ou organizar ti mesmo a viaxe, consultando o noso servizo de alugueiro de coches.