Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Entroido de Viana do Bolo

Ímonos a Galicia a celebrar unha das festas máis ancestrais: o Entroido de Viana do Bolo. Trátase dun pequeno e entrañable municipio da provincia de Ourense, o cal está situado na bisbarra de Viana, tamén coñecida como a “Maxia Verde de Galicia”, destacando as súas impoñentes montañas e canóns fluviais.
Os ensaios e preparativos de disfraces e carrozas comezan dende ben cedo, nada mais e nada menos que ao rematar o día de Reis.
O entroido de Viana do Bolo e quizais un dos máis orixinais e con máis tradición da zona, onde destaca a importancia dos Xoves de Compadres e Comadres. Os mozos e mozas róubanse pezas de roupa para colocarllas ao “Lardeiro” (un boneco de ferro recheo de palla e petardos, que se colga dun poste da Praza Maior) e para “burlarse” uns dos outros intentando encherse de fariña.
O día grande é o Domingo Gordo, no que se realiza un gran desfile cheo de comparsas, carrozas, folións e Boteiros. Este mesmo día ten lugar a Festa da Androia, na que se pode degustar este típico produto da zona, un elaborado a base de costela de porco aderezada e curada ao fume das tradicionais lareiras.
Sen dúbida algunha, estas festas teñen moitas peculiaridades dignas de coñecer e que, arraigadas á tradición, non deixaran de sorprenderte.

Viana do Bolo, Galicia