Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Entroido de Badaxoz

Declarada festa de interese turístico nacional e catalogado como un dos tres mellores entroidos de España, desde o 5 ao 9 de febreiro  o entroido de Badajoz ten moito que ofrecer e sobre todo, ten moito co que sorprender.

Trátase da festa máis participativa da cidade estremeña, na que todo o mundo viste as rúas coas cores das súas máscaras e disfraces. Resulta difícil atopar a alguén que se vista con normalidade, polo que se non queres “dar a nota”, será mellor que vaias preparando o teu disfrace...

Especial protagonismo teñen as comparsas e murgas, un espectáculo digno de ver, polo menos, unha vez na vida. As comparsas son as encargadas de animar o ambiente con tambores e demais instrumentos de percusión a través de pasarrúas que lucen as súas propias coreografías e disfraces.

A cargo das charangas corre a tarefa de crear esas cancións tan divertidas, principalmente de carácter satírico, cómico ou de denuncia centradas en temas de actualidade.

Xa sabes, cóntallo á túa familia ou amigos e agasállaos cun billete con destino...ao verdadeiro Entroido!

Podes viaxar a Badaxoz desde varios puntos da xeografía española, como Albacete, Cidade Real, Alacante, Benidorm, Murcia , entre outras.

Se o prefires, podes alugar un autobús para gozar destas festas coa túa familia ou grupo amigos; tamén podes alugar un coche  e organizar a viaxe como prefiras.

Vive o teu carnaval con Monbus!

Badajoz