Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Feira de Santo Tomás

A orixe desta festa, a mediados do s. XIX, é a celebración dun mercado popular o 21 de decembro, Día de Santo Tomás, cando os baserritarras se desprazaban a San Sebastián para pagar as rendas polo terreo que cultivaban. Aproveitando a ocasión, vendían os mellores produtos do casarío e compraban outros que non encontraban nas vilas veciñas.

Ese costume converteuse en tradición... e a tradición, en festa.

Durante todo o día, a zona vella de San Sebastián transfórmase nun mercado rural e todo ole a chistorra frita e talo (torta de fariña de millo e auga, cocida á prancha), queixo, sidra, txakoli e mel.

Hai exhibicións de gando, amais de concursos:

- O XX concurso de Txistorra de Euskal Herria (a partir das 11:00h na Gipuzkoa Plaza)

- O Concurso de Mel de Donostialdea (a partir das 10:00h na Bretxa Plaza)

- O Concurso de produtos do campo (a partir das 9:00h na Constitución Plaza)

- O Concurso de Espantallos de Santo Tomás.

Ademais, haberá degustación e venda de produtos gastronómicos típicos da rexión, artígos de artesanía e a popular rifa dun grande porco vivo.

 Ano tras ano, miles de persoas participan nesta festa cargada de historia e tradición. 

Lembra que podes viaxar a San Sebastián con Monbus nos nosos autobuses de liña regular desde localidades como: Barcelona, Lleida, Salou, Verín, Ourense ou Vigo entre outras.

Se prefires, podes aproveitar as festas de Nadal e alugar un autobús para ir coa túa familia, amigos ou colegas de empresa. Tamén podes organizar ti mesmo a viaxe e aproveitar o noso servizo de alugueiro de coches.

Non perdas unha das festas donostiarras máis importantes! Ven connosco!