Os mellores mercados de Nadal
Un dos encantos que teñen estas datas é visitar os típicos mercados de Nadal, un bo motivo para coñecer unha cidade e comprar agasallos tradicionais. Por iso recopilamos unha lista con algúns dos mellores mercados de Nadal de España.
- Barcelona:
Posiblemente o mercado de Nadal máis grande de España, a Fira de Reis ten ata 300 postos repartidos ao longo da Gran Vía, nas que, aínda que se venda de todo, o regalo típico é o caganer, unha simpática figura de Belén. Subdivídese en dúas grandes áreas, o mercado dos xoguetes cerca da Praza de Cataluña, e o mercado de artesanía cercano a Praza de España. A duración do mercado é do 20 de decembro ata o 6 de xaneiro.
Outro popular mercado da Cidade Condal é a Fira de Santa Lucía, celebrada ao longo do mes de decembro.
Podes viaxar a Barcelona con Monbus, nos nosos autobuses de liña regular, desde localidades como Pontevedra, Vigo, Ourense, Soria ou Salamanca, entre outras.
Celebrado na Rúa Carrera del Conde, non lonxe da Alameda, conta con máis de 87 postos de venda, abertos desde o 2 de decembro ata o 6 de xaneiro. Lembra que podes viaxar a Santiago de Compostela con Monbus, nos nosos autobuses de liña regular, desde localidades como Pontevedra, A Coruña, Ourense ou Lugo, entre outras.
- Zaragoza:
Localizado na Praza do Pilar, o mercado de Nadal da capital aragonesa conta con ata 40 postos que venden toda clase de artigos de Nadal. Falando de Beléns, non podes perder o Belén xigante, de 1.000 metros cadrados, formado por figuras a escala real. O mercado de Nadal de Zaragoza permanece aberto desde o 30 de novembro ata o 7 de xaneiro, domingos incluidos, ata media noite.
Podes viaxar a Zaragoza con Monbus, nos nosos autobuses de liña regular, desde localidades como Pontevedra, Vigo, Ourense ou Salamanca, entre outras.
- Bilbao:
Do 4 de decembro ao 9 de xaneiro celébrase o mercado de Nadal de Bilbao, na calle Bailén. Máis de 40 casetas ofrecen a mellor artesanía e gastronomía da cultura vasca, sen esquecer que o día 21 de decembro se celebra a Feira de Santo Tomás. Viaxa a Bilbao con Monbus, nos nosos autobuses de liña regular, desde localidades como Pontevedra, Vigo, Ourense ou Verín, entre outras.
Se prefires, podes aproveitar as festas de Nadal e alugar un autobús para ir coa túa familia, amigos ou colegas de empresa. Tamén podes organizar ti mesmo a viaxe e aproveitar o noso servizo de alugueiro de coches. Viaxa e goza do Nadal con Monbus nos mellores mercados de Nadal! Ven connosco!