Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

FICMA (Barcelona)

Fiel á súa cita anual, o Festival Internacional de Cine do Medio Ambiente chega a Barcelona entre o 3 e o 11 de novembro, celebrando a súa 23ª edición, consolidando unha vez máis a cidade como a Capital Mundial do Cine e a Conciencia Ambiental.

Desde o ano 1993, este festival empregou o cine como medio de transmisión para facer chegar mensaxes de sensibilización, reunindo o medio ambiente co conxunto de valores naturais, culturais e sociais que este implica, o que lle levou a obter un recoñecemento internacional que culmina no ano 2000 co premio Prince’s Award, outorgado pola Axencia de Medio Ambiente da Comunidade Europea e a Prince’s Award Foundation.  

O seu papel cultural non se quedou relegado ao territorio español, senón que se internacionalizou coa creación do FICMA LATAM, establecendo deste modo estreitos vínculos culturais coa América Latina.

O amplo programa desta edición arranca o día 3 de novembro con Terra, sendo o Instituto Francés o responsable da proxección.

Por outro lado,  outros edificios-clave nesta edición son:

- Cosmocaixa, localización seleccionada para as actividades destinadas a un público familiar.

- Ruta UniFICMA, formada polas principais universidades da cidade, tales como a Facultade de Bioloxía da UB, o Auditorio de Poblenou da Pompeu Fabra e o Auditorio da Blaquerna.

Débese destacar tamén o Petit FICMA, unha iniciativa cuxo obxectivo é educar e sensibilizar aos máis cativos achegando o cine aos colexios ao longo do ano.

¿Queres asistir a este festival?

Se estás fóra de Cataluña, Monbus ofrécete as súas liñas de transporte regular; se estás en Cataluña, podes achegarte coas  liñas interurbanas que Hispano Igualadina pon á túa disposición; ¿sodes un grupo?, non vos preocupedes, utilizade o  noso servizo discrecional; ¿preferes un coche? facilitache o vehículo que mellor se adapte as tuas necesidades. sexan cales sexan as tuas preferencias, Monbus adaptase a ti.