Copa do Rei de Fútbol 2015
O Camp Nou será o escenario onde o Athletic Club e o FC Barcelona xogarán o trofeo da Copa do Rei de Fútbol 2015 o próximo 30 de maio. Barcelona será testigo do clamor das dúas aficións, a bilbaína e a culé, nun partido do que se agarda que alcance o máis alto nivel, se atendemos á brillante traxectoria deportiva de ambos clubes.
O FC Barcelona parte como gran favorito despois dunha grande tempada de liga e coa historia da súa parte, tras gañar o trofeo en 26 ocasións das 36 veces que xogou a final, tres victorias máis que as acadadas polos vascos disputando o mesmo número de finais. Pero os “leóns de Lezama” a bo seguro pelexarán ata o final para levarse a copa ás súas vitrinas.
Se es un fanático do fútbol e queres gozar do espectáculo que congregará o partido, podes viaxar en autobús a Barcelona dende cidades como Vigo, Pontevedra, Ourense ou Benavente, entre outras localidades . Se prefires un servizo a medida, consulta o noso servizo discrecional ou aluga un coche e planifica a viaxe como ti queiras.
Lembra tamén que se viaxas dende San Sebastián, Pamplona, Salamanca, Soria ou Irún, entre outros, e compras os teus billetes a través da nosa web www.monbus.es coa suficiente antelación, podes beneficiarte dos increíbles descontos das ReVibaixas. Compra a tempo e ¡viaxa ao 50%!