Festas da Merced (Barcelona)
A gran festa de Barcelona quenta motores! A Cidade Condal acolle a partir do vindeiro 20 de setembro as festas na honra da Virxe da Merced, a patroa da cidade. Catro días de festa nos que Barcelona acolle a case dous millóns de vistantes para gozar das máis de 600 actividades gratuítas que enchen cada recuncho da cidade, entre os que destacan festivais de música, teatro, circo e bailes tradicionais.
Sen dúbida, unha oportunidade de ouro para visitar a capital catalana e contaxiarse do seu espírito festivo, pero tamén de coñecer de primeira man a extensa arquitectura gótica reflectida nas súas rúas, así coma as impoñentes obras de Gaudí que caracterizan a cidade, coma é o caso da famosa Sagrada Familia, a Casa Batlló ou a Pedrera.
Se desexas gozar de primeira man das Festas da Mercé, dámosche varias opcións: podes viaxar rumbo a Barcelona dende cidades coma Pamplona, San Sebastián, Salamanca, Vigo, ... Ademais, se o prefires, podes alugar un coche ou un autobús para organizar a túa viaxe como mellor che conveña.