Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Festa Nacional Virxe de Meritxell (Andorra)

Cada 8 de setembro, o Principado de Andorra celebra a súa Festa Nacional na honra á Virxe de Meritxell. Os actos centrais teñen lugar no Santuario de Meritxell, situado na parroquia de Canillo, a que acoden milleiros de persoas en peregrinación dende moi cedo.

O templo orixinal queimouse nun incendio en 1972. O actual, inaugurado en 1976, é obra do arquitecto Ricardo Bofill. No seu interior atópase unha réplica da imaxe románica da virxe desaparecida no incendio e un pequeno museo cos restos da igrexa orixinal. O santuario está formado ademais por un camiño real e un cruceiro.

Consulta nesta mesma web todas as rutas dispoñibles con destino a Andorra. Monbus, operando a través de Hispano Igualadina, conta con liñas regulares rumbo a Andorra dende lugares coma Reus, Salou ou Tarragona entre outros. Se o prefires xunta ao teu grupo e solicita un presuposto para o alugueiro dun autobús. Tamén dispós da opción de alugar un coche connosco.

Santuario de Meritxell