Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Festa da Empanada de Bandeira (Silleda)

A Festa da Empanada de Bandeira é unha festa de tradición que exalta un dos produtos máis típicos de Galicia: a empanadaDende o ano 1974, o terceiro fin de semana de agosto os veciños da localidade de Bandeira, que pertence ao concello de Silleda, xúntanse na Carballeira da Silva para pasar unha xornada gastronómica que xirará en torno a este produto tan representativo da gastronomía galega. Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia pola súa singularidade e valor cultural, cada ano consegue xuntar a preto de 7000 persoas con moitas gañas de pasalo ben e de comer aínda mellor.

O acto principal é o concurso de empanadas no que participan os restaurantes da zona e as amas de casa, establecéndose así estas dúas categorías. Os concursantes expoñen as súas creacións para que un experto xurado formado por críticos gastronómicos e restauradores de renome decidan cal é a empanada gañadora. Despois, todo será festa e diversión. As deliciosas empanadas estarán acompañadas de gaiteiros, charangas e foliadas que non marcharán ata ben entrada a madrugada.

Merca xa o teu billete para chegar ata Silleda dende localidades como A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Verín ou Vigo; ou se o prefires, aluga un autocar con condutor ou un coche para viaxar ao teu xeito. Monbus lévate!

Bandeira