Festival de Maxia da Vila de Sarria
Por noveno ano consecutivo, Sarria xunta a algúns dos mellores magos do panorama nacional e internacional. O Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria acolle entre o 21 e o 24 de agosto os trucos de máis dunha ducia de ilusionistas da talla de Luis Piedrahita, Leenart Green ou Shimpei Katsurawaga.
Ademais, poderás aproveitar a ocasión para coñecer de preto un dos tramos máis transitados do Camiño Francés, xa que a localidade sarriana é unha das que máis camiñantes elixen para iniciar o seu traxecto polo Camiño de Santiago.
Se non o queres perder, podes viaxar ata Sarria con Monbus en autobús de liña regular dende cidades coma Lugo ou Compostela. Tamén podes solicitar información sobre o noso servizo discrecional ou ben alugar un coche para viaxar ao teu aire.