Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Festa Maior de Gràcia (Barcelona)

As festas do barrio de Gràcia son para vivilas. Unha semana na que as rúas mudan por completo de aspecto, os veciños organízanse para escoller unha temática para a decoración de balcóns e vías con materiais reciclados creando, nalgúns casos, auténticas obras de arte. O obxectivo final é gañar o concurso no que se participa e conseguir o premio polo traballo e orixinalidade á rúa mellor decorada.

Mentras tanto, visitantes e curiosos poderán gozar do amplo programa que completa as festas: concertos gratuítos, exposicións, xigantes e cabezudos, castellers e bastoners, pasarrúas, ir de terrazas... ademais do fantástico ambiente festivo que se respira en cada recuncho do barrio, iluminado coa creatividade veciñal e inundado da alegría da xente e o son da música. Sen dúbida, unha boa oportunidade para visitar a Cidade Condal e en concreto, unha das zonas máis representativas no seu momento máis álxido.

Podes viaxar cara a Barcelona dende cidades coma Irún, Pamplona, San Sebastián ou Vigo entre moitas outras  ou xuntarte cos teus amigos ou familiares e organizar a viaxe ao teu xeito alugando un autobús con condutor ou alugar un coche. Lembra que aínda que esteas fora de España, Hispano Igualadina ten servizos directos dende o aeroporto de Reus ata Barcelona.

Barcelona