Semana Grande (San Sebastián)
A capital guipuzcoana comeza as súas festas co tradicional cañonazo disparado dende os xardíns de Alderi Eder e a interpretación da "canción do Artilleiro". A Semana Grande donostiarra ten lugar todos os anos na semana do 15 de agosto, de sábado a sábado, e neste 2023 terá lugar do 12 ao 19 de agosto.
Nestas datas a cidade de San Sebastián vístese cas súas mellores galas e algúns dos seus puntos máis emblemáticos convértense no escenario de actividades coma concertos, comparsas de Xigantes e Cabezudos, carreiras de cabalos e demostracións de herri-kirolak (deporte rural vasco). Xunto co Concurso Internacional de Fogos Artificiais, ocupan un lugar destacado nestas festas as actuacións musicais e a clásica travesía á nado dende Getaria ata San Sebastián.
Fóra de toda dúbida, este é un dos mellores momentos do ano para visitar San Sebastián. Merca xa o teu billete de autobús con destino a San Sebastián dende cidades coma Barcelona, Lleida, Pontevedra, Salou, Tarragona ou Vigo entre outras. Se o prefires tamén podes solicitar información sobre o noso servizo discrecional ou alugar un coche connosco para organizar ti mesmo a viaxe.