Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Festa da Auga (Vilagarcía de Arousa)

Declarada Festa de Interese Turístico Nacional en 2006, hoxe en día converteuse na cita máis esperada dentro das festas patronais na honra a San Roque. Despois de trasladar ao santo dende a igrexa parroquial de Santa Eulalia de Arealonga á Capela de San Roque, miles de persoas inundan as rúas deste concello lerense. Os veciños saen as súas xanelas e balcóns cargados con cubos de auga dispostos a refrescar aos asistentes e os camións dos bombeiros reparten auga a todo o mundo. Durante toda a semana a localidade acolle actividades culturais e actuacións musicais. Outro dos momentos máis esperados son o espectáculo pirotécnico do Combate Naval e o Desfile de Carrozas. A noite anterior á Festa da Auga moitas persoas saen a gozar do ambiente vilagarciano no que se coñoce coma a Víspera da Festa da Auga.

Vilagarcía de Arousa celebra a Festa da Auga dende mediados dos anos 80. Este festexo surxiu de xeito espontáneo un ano de moita calor  cando os romeros que portaban a imaxe de San Roque comezaron a pedir auga aos veciños.

Se estás pensando en acudir á cita, podes Viaxar con Monbus  en autobús de  liña regular  a Vilagarcía de Arousa dende diferentes lugares. Se o prefires tambén podes  informarte sobre o noso servizo discrecional nesta mesma web ou alugar un coche e organizar a viaxe coma ti queiras.

 

 

Vilagarcía de Arousa