Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

A Pandorga (Cidade Real)

Os últimos días do mes de xullo son moi especiais para os ciudadrealeños xa que se celebra a festa máis importante de Cidade Real: A Pandorga, unha festa popular de esencia sinxela e campesiña, á que ano tras ano acoden multitude de visitantes.
A Pandorga naceu coma unha manifestación da expresión popular e, ao longo dos anos, foise institucionalizando. A súa orixe remóntase á ofrenda de flores que os fieis facían á Virxe do Prado, patroa da cidade, á que os campesiños se encomendaban para recibir a súa protección e en agradecemento ás colleitas recollidas.
De marcado carácter folclórico, relixioso e tradicional, poderedes atopar talleres, espectáculos, concertos, concursos e bailes populares, que vos trasladarán no tempo para entender mellor as costumes e usos pasados.
Esta festividade experimentou moitos vaivéns a longo da Historia, deixando de celebrarse durante anos pola destrución, en plena Guerra Civil, da imaxe da Virxe do Prado. Xa nos nosos días recobrou toda a forza e protagonismo, sendo mesmo declarada Festa de Interese Turístico Rexional.
Unha vez que o alcalde da cidade leve a cabo o nomeamento do Pandorgo, da Dulcinea e das súas Damas, éstes escoltarán á Virxe en procesión cara a catedral, acompañados dos grupos folclóricos ataviados cos vestidos tradicionais. Son momentos de emoción pura e devoción para os fieis.
Nos preciosos xardíns do Prado, celebrarase un concurso de limoná, onde poderás probar esta bebida ftípica feita con viño branco, azucre e limón. Poderás participar ademais, da celebración da zurra, onde os mozos mollados van e veñen da Praza Maior ao Prado e viceversa. Cada vez máis xente nova, vida de todos os recunchos, únese, por iso, recomendámosche que consigas a pistola de auga típica desta festa, coa que poderás salpicar aos demais, manténdote fresco para aguantar o habitual bochorno do período estival.
Lembra, o atavío típico consta de camiseta branca ou blusón manchego, pantalón vaqueiro e o pano de “herbas” atado ao pescozo. Sinxelo, verdade? Ao alcance de calquera que desexe participar desta festividade.
Viaxa con Monbus a Cidade Real en autobús de liña regular dende Valencia, Albacete, Cuenca ou Badaxoz entre outras. Podes consultar todas as nosas rutas en autocar con destino a Cidade Real no noso mapa interactivo. Lembra que tamén podes solicitar presuposto sen compromiso para o alugueiro dun autobús para ti e os teus amigos ou quizais alugar un turismo para organizar a túa viaxe ao teu xeito.

Ciudad Real