Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Low Festival (Benidorm)

Benidorm é a cidade perfecta para pasalo ben no verán. Considerada en importancia a terceira cidade turística de Europa, Benidorm posúe unhas infraestruturas modernas, boas conexións e un clima excelente. Por iso, algúns rebautizárono coma BeniyorkA cidade deportiva Guillermo Amor, sede do Low Festival é un recinto impresionante, con 30.000 metros cadrados de céspede e catro escenarios, perfecto para a posta en escena dun gran festival.

O Low Festival é a última macro oferta musical que xurdiu na apretada axenda dos festivais de verán no noso territorio, o que lonxe de supoñer un hándicap, serviulle para non caer nos erros dos seus predecesores. A pesar da súa curta existencia, conseguiu abrirse un oco importante entre os cinco primeiros festivais do país. Mentres outros caeron en mans de capital estranxeiro, o Low Festival pode presumir de ser, hoxe en día, o único exclusivamente valenciano, conservando a súa  identidade mediterránea e ese xeito de entender a vida.

O Low fai honra ao seu nome, é un festival ao alcance de todos os petos. De calquera xeito, e aínda que poida parecer estraño, un festival low cost, tamén pode ter un aire de vangarda, luxo e comodidade. A proposta musical non se queda atrás con formacións internacionais como a banda de rock británico The Libertines, Kasabian (recoñecida como a mellor banda en directo pola revista NME) ou Foals. Xunto a eles compartirán escenario recoñecidos grupos do panorama nacional como Los Enemigos, Dorian, Supersubmarina, La Bien Querida o Nacho Vegas, entre outros moitos artistas.

O Low teno todo: taquillas para non perder os teus aparellos, dúas piscinas para combater con garantías a calor estival, zonas de carga para devolver á vida o teu móbil, unha pulseira interactiva para estar conectado coas redes sociais mentres gozas do festival, infinidade de aseos que evitarán incómodas aglomeracións e zonas habilitadas para persoas con mobilidade reducida... Consegue xa a túa entrada nos puntos de venda oficiais. Todo está pensado para o teu desfrute. Entrégate ao festival e deixa a unha beira as preocupacións, porque a vida son dous días, neste caso tres: do 24 ao 26 de xullo.

Non te preocupes por como chegar ou pola volta á casa. Déixate levar por Monbus e reserva todas as túas enerxías para o festival. Quizais che interese viaxar a Benidorm en autobús de línea regular desde Badajoz, Ciudad Real, Don Benito, La Roda, Tomelloso ou Villarrobledo. Tamén podes solicitar nesta mesma web presuposto para o alugueiro dun autobús para ti e para o teu grupo de amigos, ou talvez alugar un coche para organizar a viaxe ao teu gusto.

Ciudad deportiva Guillermo Amor