Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Obradoiro reencóntrase coa vitoria

O Rio Natura Monbus Obradoiro resurxe cunha gran vitoria no Fontes do Sar fronte ao UCAM Murcia (88- 69). Tras unha dura serie de derrotas encadeadas, chegou o merecido triunfo no partido correspondente á vixésimo novena xornada da Liga Endesa.

Un Fontes do Sar cheo animou ao Obradoiro durante todo o encontro. Facendo gala do espíritu combativo que sempre caracterizou ao equipo galego e arroupado pola súa afición, o UCAM Murcia chegou a último cuarto case sen opcións de vitoria.

A sorpresa chegou da man das novas fichaxes obradoiristas. Por un lado Aleks Maric (7 puntos), curtido en mil batallas, consegueu contaxiar a todo o equipo da súa garra e experiencia e polo outro, o ruso Evgeny Kolesnikov (19 puntos) que liderou a vitoria obradoirista con catro triples decisivos en apenas catro minutos.

O Rio Natura Monbus Obradoiro recuperou sensacións despregando unha gran intensidade defensiva, xogo de combinación e rápidos contraataques. Coma unha máquina ben engraxada, ofreceu un rendemento similar ao do comezo da tempada. Cabe destacar as boas actuacións de Angelo Caloiaro (14 puntos) e Donnie McGrath (12 puntos e 10 asistencias) levando a direción do equipo de forma maxistral.

Esta importante vitoria devolve ao Rio Natura Monbus á zona de permanencia, ca inxeción de moral que supón para afrontalas decisivas cinco xornadas restantes da Liga Endesa.


¡Forza Obra!