Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus reforza as viaxes para a fin de semana

Con motivo do inicio do curso universitario e os descontos extraordinarios que están a gozar as persoas usuarias no transporte interurbano de Galicia, o volume de pasaxeiros incrementouse de maneira completamente extraordinaria, facendo esencial tomar ditas medidas.  

Monbus montou un dispositivo especial para atender en tempo e forma a incesante chegada de usuarios, habilitando reforzos para os principais traxectos do territorio. Ademais, co fin de asegurar un bo servizo, procedeuse a eliminar o sistema de reservas para aqueles que viaxan con TMG, TXN e Bonos Monbus, debido ao uso indebido do mesmo por parte dalgúns viaxeiros. Desta maneira as persoas usuarias que desexen gozar do desconto deberán acudir directamente ao autobús. 

Desde Monbus recoméndase acudir cunha antelación de polo menos 20 minutos para evitar grandes aglomeracións e colaborar na xestión de colas e persoas que se están producindo as fins de semana nas principais estacións de Galicia. É importante lembrar que os servizos están dispoñibles na web para a súa compra anticipada e así aforrar esperas. 

Cabe lembrar que desde o pasado 6 de setembro entrou en vigor a campaña de descontos lanzada por Monbus na que ampliaba cun 45% de desconto o 50% que acaba de anunciar a Xunta de Galicia. Aplícase nas relacións de tráfico máis relevantes do Eixo Atlántico para aqueles usuarios que dispoñan da Tarxeta de Movilidad de Galicia (TMG).