Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Encóntranos no Aeroporto de Santiago

Agora xa é posible encontrarnos tamén no Aeroporto de Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Na nosa nova oficina poderás pedir información acerca de todos os nosos servizos e mercar directamente os teus billetes. 
 
Aberta de luns a domingo, o noso punto de atención ao cliente encóntrase na Zona de Chegadas, antes de entrar na Terminal. Na parada do aeroporto contamos con enlaces a diversos servizos coma o Santiago – SarriaSantiago – Lugo e Santiago – A Coruña. 
Ademáis, as persoas viaxeiras poden trasladarse á Estación Intermodal de Santiago na liña urbana L6A e alí desfrutar das conexións coas principais cidades de Galicia coma VigoPontevedraOurenseLugoA Coruña e Ferrol así como coa maioría dos destinos da comunidade. 

Tamén en Santiago, Monbus conta con outra oficina de atención e venda no centro histórico, na Rúa Carretas nº33, onde as persoas usuarias poderán mercar o seu billete e reservar a praza con ata un mes de antelación. A maiores, dispoñemos de despachos de billetes nas principais poblacións e puntos de interés de Galicia. 

Se o prefires, tamén podes mercar os teus billetes en liña sen esperas e con flexibilidade para modificar a túa reserva se así fose necesario. O poñemos fácil para planificar e desfrutar ao máximo da viaxe!