Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro lócese fronte ao Manresa

O Monbus Obradoiro prolongou a súa boa serie de resultados cunha vitoria esmagadora fronte ao BAXI Manresa (97-83)

O partido comezou cos composteláns xogando ao máximo nivel, tanto é así que o conxunto visitante viuse rapidamente superado por un parcial de 12-2 en contra. Os de Pedro Martínez reaccionaron xerando espazos para que os seus tiradores puidesen  encestar. Brondianzky non quedou de brazos cruzados e volveu endereitar ao Obra co seu liderado (25-16). 

O segundo cuarto estivo marcado polo acerto dos xogadores de Moncho Fernández e polos erros dos  manresanos. O Obra despegouse do seu rival superando os dez puntos de renda. David Navarro puxo a guinda cun sobre a bucina que encarrilaba o partido (54-32). 

Tras o intermedio, o Monbus Obradoiro continuou aumentando a súa renda. O BAXI Manresa parecía reaccionar, pero non contaban os cataláns co bo estado de forma de Fletcher Magee que retomou a batuta anotadora (73-56). 

O último cuarto caracterizouse pola defensa  manresana, que logrou deter con certa efectividade aos xogadores  obradoiristas. Os tiradores do Monbus Obradoiro saíron ao perímetro e de novo iniciaron a sangría iniciándose unha auténtica ofensiva en ambas as canastras. Finalmente, o gran traballo realizado durante todo o encontro deu os seus froitos e a vitoria caeu en mans do Monbus Obradoiro