Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro vende cara a súa derrota

A punto estivo o Monbus Obradoiro de cortar o refacho de imbatibilidade do Real Madrid nesta tempada da Liga Endesa. Os composteláns, minguados pola baixa de Kostas Vasileiadis, realizaron un encontro para enmarcar, resistindo ata os decisivos últimos cinco minutos nos que o conxunto branco acabou levándose o triunfo (76-83).
Durante o primeiro cuarto o pivote serbio Dejan Kravic lidero ao Obradoiro na súa ofensiva con 10 puntos. A isto sumouse unha boa defensa para que os xogadores visitantes non puidesen sentirse cómodos principalmente no tiro exterior.
O Monbus Obradoiro mandaba no marcador e a súa afección xa soñaba coa xesta. Foi entón cando a defensa branca sacou a súa mellor versión para frear aos  obradoiristas. A explosión en ataque de  Laprovittola lanzou ao Real Madrid no marcador antes do descanso (37 - 44).
No terceiro cuarto o Real Madrid chegou a ter unha vantaxe de 13 puntos, pero entón entrou en escena Mike Daum. A estelar aparición do americano paliou a sangría e as súas accións puxeron de novo ao Monbus Obradoiro por diante. O Real Madrid vía como se lle escapaba o triunfo e decidiu poñer toda a carne no asador. Campazzo, Llull e Rudy tiveron que achegar os seus galóns para cravar un parcial 0-12 nos últimos minutos que sentenciaron ao Monbus Obradoiro.