Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro suma a súa primeira vitoria

O Monbus Obradoiro conseguiu ante o RETABet Bilbao Basket o seu primeiro triunfo da tempada (98-96). Tras dúas prórrogas, o conxunto obradoirista fíxose finalmente coa vitoria nun final de infarto

Arrincaron mellor o partido os visitantes, collendo unha vantaxe que Kostas Vasileiadis encargouse de neutralizar a base de triplos nun primeiro cuarto moi axustado (15-17). 

Os  bilbaínos volveron pisar o acelerador e aos poucos foron escapándose no marcador ata chegar a dispoñer dunha renda de dez puntos. Apareceu entón Fletcher Magee con tres triplos consecutivos que reduciron a diferenza antes de chegar ao descanso (38-41). 

O refacho do estadounidense prolongouse no terceiro cuarto, con varias accións que levantaron á bancada do Multiusos Fontes do Sar e puxeron ao Monbus Obradoiro por diante no marcador (64-57). 

Un intenso último parcial permitiulles aos biscaíños empatar o partido a seis minutos do final. O Monbus Obradoiro volveu responder e púxose de novo por diante. Nos instantes finais, dous tiros libres de  Earl Calloway poñían o partido de fronte para o seu equipo, pero cun triplo practicamente sobre a bucina os visitantes mandaron o partido á prórroga (73-73). 

No tempo extra, sucedéronse as accións nun e outro aro, aínda que o  RETABet Bilbao Basket estivo máis acertado. O Monbus Obradoiro reaccionou para empatar o partido desde o tiro libre e o choque desembocou nunha segunda prórroga con mesmo guión pero cos papeis cambiados. Os obradoiristas mandaron en ataque e os bilbaínos remaron para contrarrestar a diferenza no marcador. Así, o Monbus Obradoiro chegou por diante á última xogada e grazas a unha boa defensa conseguiu certificar a primeira vitoria do curso.