Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro seguirá na Liga Endesa

Monbus Obradoiro asinou a súa continuidade na Liga Endesa unha tempada máis no seu duelo ante o Barça Lassa (63-83). A pesar da derrota ante os barcelonistas na última xornada do curso, o equipo compostelán asegurou a súa continuidade grazas ao tropezo do Delteco GBC ante o Real Madrid. O Monbus Obradoiro finaliza deste xeito a tempada regular na décimoquinta posición cun total de once vitorias.

Conscientes da importancia do partido, os xogadores  obradoiristas saíron a por todas nun primeiro cuarto irresistible. Albert Sàbat Kostas Vasileiadis castigaron desde o triplo ata que o Barça Lassa reaccionou para cortar o xogo dos locais (20-16).

Tras o parón, o conxunto azulgrana reactivouse en ataque e en defensa e iso permitiulle igualar o partido. O Monbus Obradoiro seguiu progresando no marcador cos triplos de Ben Simons e Andreas Obst, e foise ao descanso cunha mínima vantaxe (36-35).

No terceiro cuarto, o Barça Lassa pisou o acelerador en busca da vitoria. Os santiagueses, erráticos no tiro, viron como aos poucos o seu rival poñía terra polo medio no resultado (48-57).

Seguiuno tentando o equipo dirixido por Moncho Fernández reducindo distancias nos primeiros compases do último parcial, aínda que a alegría durou pouco nas bancadas de Sar. Os azulgranas apertaron para deixar todo sentenciado e, coñecedor do resultado en San Sebastián, o Monbus Obradoiro deixouse levar nos minutos finais. A afección celebrou unha esperada permanencia que permitirá ao Monbus Obradoiro cumprir a súa décima tempada na elite o curso que vén.