Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus celebra o día de Sant Jordi

Este 23 de abril, Cataluña celebra o día do seu patrón Sant Jordi cunha festa na que a cultura e a literatura teñen un papel protagonista, debido á súa coincidencia co Día Internacional do Libro.

Monbus tamén quixo formar parte da celebración desta xornada tan especial e por iso preparou un autobús vinilado co dragón, o libro e a rosa como elementos principais. Os viaxeiros que se atopen con el, poderán cazar ao dragón coa cámara do seu móbil e logo subir as súas fotos ao Club Monbus para participar no sorteo de billetes de ida e volta para os destinos nacionais de Monbus. O vehículo xa leva circulando varios días por Barcelona e seguirá coa súa caracterización durante as próximas semanas para que os usuarios teñan máis oportunidades de poder fotografalo.

No día de Sant Jordi as rúas énchense de xente que pasea entre postos de libros e rosas. Todos buscan un obsequio para esa persoa que tanto queren, pero un día tan especial merece un agasallo diferente. Por iso Monbus preparou para os seus viaxeiros unha nova forma de regalar unha rosa. Grazas a unha plantilla, o usuario poderá crear a súa propia rosa personalizada en cuestión de poucos minutos. Ademais, tamén quedará cun marcapáxinas deseñado para a ocasión.

Como axuda no proceso de creación está dispoñible na canle de Youtube de Monbus un videotutorial con todos os pasos para que a rosa quede perfecta. Un detalle único e orixinal para sorprender dunha forma inmellorable nesta xornada de festexos.