Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro imponse a UCAM Murcia

O Monbus Obradoiro xa ten no peto a oitava vitoria da tempada tras impoñerse a UCAM Murcia por 91 a 79 no Multiusos Fontes do Sar. O conxunto compostelán conseguiu prolongar a boa serie de resultados ante a súa afección e mantense na zona media da clasificación.

O encontro arrincou cos dous equipos erráticos no tiro, aínda que pronto empezaron a ver o aro con facilidade. Kostas Vasileiadis y Albert Sàbat espertaron ao público cos seus triplos e os locais pecharon o primeiro cuarto con vantaxe (23-20).

Os murcianos subiron a intensidade no segundo parcial para lograr recortar a diferenza que o Monbus Obradoiro tiña no marcador. Antes de chegar ao descanso, os visitantes chegaron a igualar o resultado pero nun arreón ofensivo, os de Moncho Fernández escapáronse de novo (48-41).

O encontro seguiu co mesmo guión tras a continuación. O Monbus Obradoiro contrarrestaba os intentos de UCAM Murcia por recortar distancias cunha boa defensa e un acertado ataque. Así chegou a gozar dunha vantaxe de dez puntos que se esfumó rapidamente (65-61).

O empate a 67 que reflectía o marcador nos primeiros compases do último cuarto facía presaxiar un final de partido emocionante, pero o Monbus Obradoiro non o permitiu. Ben Simons e David Navarro apareceron desde o triplo nos momentos decisivos e deron aire ao seu equipo. Nos minutos finais o conxunto obradoirista gozou e o oitavo triunfo da tempada quedou en casa.