Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro vence ao Morabanc Andorra

Monbus Obradoiro sumou un merecido e traballado triunfo ante Morabanc Andorra (69-68) nun partido que dominou pero no que sufriu demasiado para certificar a sexta vitoria da tempada.

O partido arrancou con intensidade defensiva e fallos en ataque. A mellor evidencia deste escenario foron os tres minutos que tardou en chegar a primeira canastra. Foi para os visitantes, pero a partir de ahí o Monbus Obradoiro colleu o mando e grazas a un acertado Kyle Singler tomou a dianteira no resultado (17-16).

Os puntos de Morabanc Andorra no inicio do segundo cuarto fixeron reaccionar a un Monbus Obradoiro que explotou o seu potencial desde a liña de tres puntos para volver a distanciarse antes do descanso (38-27).

Á volta de vestiarios, o Monbus Obradoiro seguiu na mesma liña. A boa defensa e o xogo interior dispararon aos locais no marcador cunha renta de 17 puntos a poucos minutos de entrar no derradeiro cuarto. O conxunto andorrano soubo reactivarse tras un tempo morto para xogárseo todo no tramo final (58-51).

A remontada visitante culminouse nos primeiros compases do último cuarto, o partido encamiñouse cara un desenlace con moita emociónNacho Llovet e Ben Simons aguantaron ao equipo en ataque nisos momentos de incertidumbre. Tras varias accións sen anotar nas dúas canastras foi Singler o que desfixo a igualdade para poñer ao seu equipo de novo por diante. A falta de tres segundos, o Monbus Obradoiro vencía por un punto. Os visitantes tiveron a última posesión para gañar o partido pero non entrou e a vitoria quedouse en Sar.