Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro cede ante o Barça Lassa

Monbus Obradoiro estivo a piques de sorprender ao Barça Lassa na súa propia pista (79-73) tras un partido no que foi mellor durante varias fases do encontro. Os de Moncho Fernández ofreceron unha gran imaxe competindo ata o último momento por levar a vitoria.

O partido comezou cun Monbus Obradoiro enchufadísimo que tras tres triplos situouse cun parcial de 0-11 no marcador. O técnico local viuse forzado a pedir tempo morto para frear a sangría. O cadro catalán reaccionou e colocouse a só un punto dos composteláns (19 - 20).

No segundo cuarto os locais adiantáronse, non sen sufrir un goteo de triplos con selo galego. Tan só puideron poñerse cinco arriba ao finalizar a primeira metade (37 - 32).

Á volta do intermedio o Barça continuou metendo balóns dentro sen lograr romper o encontro. Un Andreas Obst en estado de graza (6/6 en triplos ao finalizar o partido) golpeaba como un mazo. Grazas a un "dous máis un’"de Vladimir Brodziansky, o  Monbus Obradoiro púxose a tan só un punto nos compases finais do terceiro cuarto (60 - 59).

Dous triplos de Oriola e Hanga deron o impulso final ao Barça mediado o último cuarto pero non foi ata a aparición Heurtel que os cataláns colleron unha renda que xa sería definitiva. O Monbus Obradoiro non deixou de combater, pero a vantaxe era demasiado folgada e finalmente o encontro acabou con vitoria local.