Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro imponse en Zaragoza

O Monbus Obradoiro rompeu o maleficio na pista do Tecnyconta Zaragoza para sumar o cuarto triunfo da tempada (78-86). A primeira vitoria  obradoirista na pista do conxunto aragonés tivo como protagonista a Kostas Vasileadis, con 31 puntos e 33 de valoración. A gran actuación do aleiro grego valeulle para ser designado como mellor xogador da xornada 11. Os seus dez triplos xa forman parte tamén da historia, como récord dun xogador do Monbus Obradoiro e terceira mellor marca histórica da liga Endesa.

Os dous equipos saíron dubitativos ao partido e cometendo numerosas imprecisións. Neste inicio titubeante, Vasileiadis e Kyle Singler encabezaron o apartado ofensivo dun Monbus Obradoiro que mandaba no marcador con firmeza (15-21).

Reaccionaron os locais para recortar distancias pero incapaces de conter ao conxunto santiagués, os de Moncho Fernández seguiron castigando ao seu rival desde o triplo. Os dous equipos chegaron igualados ao intermedio, na antesala do que sería unha gran segunda parte para os visitantes (39-39).

Tras o descanso, o Monbus Obradoiro saíu moito máis enchufado e aos poucos foi asentando o seu dominio no resultado. Albert Sàbat asistía, Vasileiadis seguía inspirado no triplo e Brodziansky dominaba o xogo interior para que o  Monbus Obradoiro enfilase o camiño cara á vitoria (54-68).

No último cuarto, a vantaxe seguiu crecendo. A diferenza chegou a ser de 17 puntos, pero nun  arreón os locais achegáronse no marcador. O Monbus Obradoiro soubo entón conter a reacción e deixou ao seu rival sen ideas para certificar así un importante triunfo a domicilio.

O  Monbus Obradoiro afronta agora dous partidos ante a súa afección. O vindeiro sábado 15 ás 20:30 horas recibirá ao Movistar Estudiantes e o domingo 23 ás 17:00 horas enfrontarase ao BAXI Manresa en Sar.