Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus comprométese a reducir as súas emisións

En  Monbus mantense, desde hai tempo, un firme compromiso co medio ambiente e a loita contra o Cambio Climático. Froito del, as cinco sociedades máis representativas de  Monbus sumáronse ao Programa de Acordos Voluntarios para a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro. Trátase dunha ferramenta impulsada pola Oficina Catalá do Cambio Climático (OCCC) para aqueles que buscan reducir as súas emisións, máis aló do que obriga a normativa.

As empresas adheridas deberán elaborar un inventario de emisións, así como expor e implantar medidas para reducilas. Estas medidas afectarán tanto as actividades que levan a cabo nas súas instalacións como na frota de vehículos relacionada directamente coa súa actividade.

As empresas partícipes deste acordo, contarán co selo de calidade en recoñecemento á realización de accións dirixidas á mitigación do cambio climático como a renovación de frota e o fomento da condución eficiente na nosa sociedade.

En consonancia co Programa de Acordos Voluntarios, Monbus poñerá en marcha varias iniciativas de sensibilización cidadá durante a Semana Europea da Mobilidade para impulsar o uso dos medios de transporte públicos e concienciar sobre a polución derivada do transporte masivo individual.