Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus, novo patrocinador do CB Igualada

Monbus e o Clube Bàsquet Igualada acadaron un acordo de patrocinio para o equipo Sénior Masculino A que se inicia esta tempada 2018 - 2019.

Con esta nova colaboración, Monbus continúa a súa aposta polo mundo do baloncesto. A gran experiencia obtida co Monbus Obradoiro da ACB, transmitirase ao CB Igualada da liga EBA Catalá. O acordo permitirá a compra do novo material de adestramento co que se beneficiará o clube e que contribuirá ao desevolvemento técnico dos xogadores.

O CB Igualada foi fundado no 1980 polos Sres. Francisco Alcoberro, Josep Mª Soteras, Josep Mª Oller, Joan Soler, Francisco Claramunt e José Miramunt. Desde entón non parou de crecer e actualmente acolle a máis de 300 deportistas repartidos en 25 equipos e a Escola de Baloncesto.

O clube é un punto de encontro para todos os deportistas, socios e simpatizantes, sempre nun entorno deportivo ético que busca prever condutas de risco fomentando unha convivencia responsable, constructiva e solidaria. A finalidade primordial do CB Igualada é a formación deportiva dos máis xoves, contribuindo así ao seu desenvolvemento coma persoas con capacidade para exercer de forma responsable e solidaria os seus dereitos e deberes coma cidadáns e cidadás.

Esta tempada promete ser de vértigo, o equipo dirixido polo técnico Jordi Martí contará coas incorporacións dos xogadores Roger Pérez, proveniente do CB Sitges, e o igualadino Jaume Torres, proveniente do CB Castelldefels.