Este verán, á praia con Monbus
Chega o verán e nesta época do ano non hai nada mellor que gozar da praia. Monbus preparou un conxunto de servizos especiais para que os seus viaxeiros poidan aproveitar cada raio de sol e de paso eviten as esperas, os grandes atascos e os problemas de aparcadoiro.
En Galicia, haberá varias vías de conexión entre as localidades interiores e a zona costeira. Desde Ourense, a opción de pasar un gran día baixo o sol será dobre. Por unha banda, habilitouse unha liña que irá pasando polas praias de Sanxenxo, Portonovo, Montalvo e A Lanzada antes de chegar á Toxa. A segunda alternativa ten como destino Samil, o mesmo areal ao que poden acudir os veciños de Verín e Xinzo nunha liña especial. Nestes servizos, a ida e a volta serán no mesmo día e estarán en funcionamento ata o 2 de setembro.
• Ourense - A Toxa (domingos y festivos)
• Ourense - Samil (sábados, domingos y festivos)
• Verín - Xinzo - Samil (domingos y festivos)
Outra das novidades para esta tempada estival terá destinos diferentes cada fin de semana. Desde Sarria e O Barco sairán dúas expedicións que conectarán en Monforte no seu camiño cara ao mar. As praias de San Vicente do Mar (O Grove), Rodeira (Cangas), Patos (Nigrán) ou Areas (Sanxenxo) non poderán faltar neste percorrido polos mellores emprazamentos do sur da comunidade galega.
En Cataluña, á iniciativa Platja Exprés no Prat de Llobregat uníronse os servizos especiais con saídas desde Igualada e Manresa que conectarán coas praias de Sant Salvador, Coma - Ruga, Calafell, Cunit ou Segur de Calafell. Os horarios e paradas pódense consultar na seguinte ligazón.
As liñas de longo percorrido con destino Salou verán aumentadas as súas frecuencias para poder chegar á Costa Dourada con maior facilidade. San Sebastián, Logroño, Pamplona ou Tudela son algúns das orixes dispoñibles nos que subirse a unha viaxe de sol e area.
Calquera usuario que necesite utilizar os servizos da compañía, pode solicitar a información por teléfono (982.29.29.00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter, G+ e Instagram).