Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia redobra a súa aposta tecnolóxica

O martes 29 de abril ás 20:00 h, no auditorio Principal do Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (Sala Santiago), tivo lugar o acto
de presentación da innovadora aposta tecnolóxica que o Pazo de Congresos estivo desenvolvendo ao longo dos últimos meses.  
Nun tempo de retos e cambios que determinan o futuro, o Pazo de Congresos apostou firmemente pola innovación e a calidade para atraer
os maiores eventos, congresos, presentacións comerciais ou convencións á cidade de Compostela, incorporando á súa magnífica oferta de instalacións as solucións tecnolóxicas máis sorprendentes, capaces de aportar unha nova dimensión á organización de calquera evento.
Proxección de alta definición, retransmisión en directo de calquera acto (streaming), gravación automática (webcast) ou videoconferencia en todas as salas, son solucións que ofrecen novas dimensións temporais e espaciais. As novas posibilidades interactivas, a rotulación electrónica, o uso de smartphones e as redes sociais, permiten ademais na actualidade unha implicación dos participantes con enormes posibilidades de desenvolvemento ata fai moi pouco tempo impensables.
Os grandes eventos nacionais e internacionais, supoñen unha importante fonte de ingresos para a cidade que os acolle, ao involucrar no
seu desenvolvemento a un gran número de sectores (hoteis, restaurantes, cafeterías, comercios, medios de transporte...) que se ven directamente beneficiados da súa celebración. Ao apostar por esta grande inversión en tecnoloxía como foco de atracción, para poder acoller os máis importantes eventos, o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia está apostando con empuxe e convicción pola cidade de Compostela.

Palacio de Congresos y Exposiciones de Galicia