Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Un épico Obradoiro dobrega ao Andorra

O Rio Natura Monbus Obradoiro da un golpe sobre a mesa ao dobregar nun partido vibrante ao MoraBanc Andorra. Con medio equipo local na enfermería, os xogadores dispoñibles demostraron unha valentía e capacidade de sacrificio enormes, destacando a Bendzius e Whittington, que anotaron 43 puntos entre ambos.

O encontro da xornada 22 da Liga Endesa tivo lugar na fortaleza compostelana, o Multiusos Fontes do Sar, onde o Obradoiro sempre se crece aupado por unha das mellores afeccións da ACB.

O partido comezou cun claro dominio local, a boa defensa do conxunto de Moncho Fernández parou en seco o ataque do equipo pirenaico. Ao final do primeiro tempo deixou o marcador en (33 - 23). Esta cómoda vantaxe comezou a diluírse á metade do terceiro tempo, (39 - 30) cando o Andorra mellorou a súa defensa e contraatacou con efectividade reducindo a marxe a 3 puntos (43-40, min.28).

Movidos pola frustración, os locais atascáronse en ataque e os visitantes o aproveitaron para apretar nos primeiros minutos do cuarto tempo. Tras un intercambio marcado polos altibaixos de ambos equipos os de Joan Peñarroya entraron por diante nos 2 últimos minutos (54-59).

Bendzius botouse ao equipo enrriba forzando a primeira prórroga. Un halo de esperanza que Burjanadze e Albicy borraron ao aupar de novo ao MoraBanc Andorra (65-69), pero ao Obra todavía lle quedaba pólvora e se sobrepuso cun enorme Whittington e ca muñeca sen complexos de Bendzius, quen no último ataque, e a so seis segundos, aproveitou un desaxuste defensivo rival para poñer o (86 - 84) definitivo.