Letras Galegas 2023
Monbus continúa celebrando e reivindicando un día tan importante como é o das Letras Galegas, que cada ano adica a xornada a divulgar e ensalzar a figura dun autor do país. Francisco Fernández del Riego foi un escritor, editor e activista da cultura gallega, precursor deste mesmo día e fundador da editorial Galaxia xunto a Isla Couto.
Durante este 17 de maio as persoas recibirán xunto ao seu billete, un marcapáxinas personalizado cun agasallo moi especial para todo aquel que escaneé o código Qr que contén. Trátase del acceso a 4 dos 30 relatos pertencentes aos “Contos do Castromil”. Estos contos repartíanse nos anos 90 a bordo dos autobuses de Castromil (antiga empresa galega que agora pertence a Monbus), e tratábase de edicións de pequeno formato dos que se chegaron a distribuir 450.000 exemplares. As e os autores que realizaron estos relatos non cobraron nada por ello aínda que é certo que recibiron un carnet especial que lles permitía viaxar sen pagar nas liñas de Castromil.
Monbus continúa reeditándolos dixitalmente cada ano para que poidan chegar a máis persoas a través de calquera dispositivo electrónico. Os nosos viaxeiros poderán gozar de catro títulos:
- “O conto de Serafín” de Antón Fraguas.
- “O último rei dos galegos” de Manuel Rivas.
- “Rodolfo” de Úrsula Heinze.
- Os papiros do Medulio, de Xesús Ferro Ruibal.
Esta colección de 30 textos cortos orixinais, iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, contou có patrocinio da Xunta de Galicia. Editados por Ir Indo, entre os anos 1992 e 1994.