SANTIAGO – PONTEVEDRA Ofertas de autobús
Viaxa en autobús con Monbus da forma máis barata entre Santiago de Compostela e Pontevedra. Aproveita esta oferta e compra o teu billete sinxelo por 5,65€, se dispós de Tarxeta Metropolitana de Galicia custará únicamente 2,54€ e acumularás bonificacións por recurrencia. Ademáis, aforra cós Bonos Monbus ata un 75% sobre o precio normal! E se tes 21 anos ou menos poderás utilizar a Tarxeta Xente Nova.
A mellor maneira de coñecer a cidade do Lérez é paseando polo seu casco antigo, onde se atopan edificios emblemáticos como o convento de Santo Domingo, declarado Monumento Nacional. Xunto ca ponte medieval do Burgo e a igrexa de Santa María a Maior, os restos das antigas Torres Arcebispais son un dos monumentos máis importantes da cidade.
Ademais, na túa escapada á capital das Rías Baixas non podes deixar de visitar a Igrexa da Peregrina, patroa da provincia e do Camiño Portugués a Santiago de Compostela. Trátase da única igrexa redonda de España e cunha planta ten forma de cuncha de vieira.
Lembra que tamén podes realizar o traxecto en sentido oposto (Pontevedra - Santiago de Compostela) ou viaxar a Pontevedra dende outras cidades como Barcelona, Bilbao, Zaragoza ou Irún entre outras. Se o prefires podes consultar información sobre o noso servizo discrecional nesta mesma web ou alugar un coche e organizar a viaxe como ti queiras.