Á praia con Monbus
Un verán máis, Monbus pon en marcha as súas habituais expedicións especiais á costa galega, sobre todo Rías Baixas e Rías Altas, durante xullo, agosto e principios de setembro.
Deste xeito, o servizo de praias na provincia de Pontevedra abrangue a ruta Atios - Torneiro - Porriño a destinos tan frecuentados como Praia América (luns, mércores e xoves) e Praia de Samil (martes e venres).
De igual xeito, realiza rutas dende Vilagarcía, Santiago, Cambados, así como Cangas - Pontevedra/Vigo, Moaña - Pontevedra y cercanías, O Grove - Pontevedra - Vigo, O Grove -Vilagarcía - Santiago, entre outras.
No caso das provincias de Lugo e Ourense, poboacións como Sarria, Rubián, Bóveda e Monforte ou ben O Barco, A Rúa, Quiroga, San Clodio, Monforte e Escairón quedan comunicadas con Praia América, Samil, Sanxenxo, A Coruña, San Miguel de Reinante ou Ribadeo.
Tamén se habilitaron as rutas Verín - Xinzo - Samil (domingos e festivos), Ourense - Samil (sábados, domingos e festivos), Ourense - Sanxenxo Portonovo - Montalvo - A Lanzada e A Toxa (domingos e festivos).
Algunhas destas expedicións adecúan os seus horarios semanalmente, por elo os usuarios poden informarse nos puntos de venda, por teléfono (982.29.29.00), na páxina web www.monbus.es, a través do correo electrónico info@monbus.es ou a través de redes sociais (Facebook, Twitter, G+ e Instagram).
Coma é habitual, Monbus ofrece aos viaxeiros unha cómoda viaxe na súa moderna frota,, equipada con butacas Confort Plus, aseos WC, enchufes de corrente e USB en cada asento, servicio Wi-Fi gratuito, iluminación individual, acceso e espazo reservado para PMR, así coma tecnoloxía punta en seguridade.
Ademáis a empresa ofrece o servizo de liñas regulares, o servizo de alquiler de vehículos con conductor e sen conductor, coma parte dun servizo integral adecuado ás necesidades de cada viaxeiro.