Festas da Ascensión (Santiago de Compostela)
Un ano máis, mozos e non tan mozos agardan con ansia a chegada das Festas da Ascensión, que se celebran na capital galega entre o 8 e 12 de maio. Coma sempre, visitantes e locais, pasarrúas e comparsas, xigantes e cabezudos, atraccións, fogos artificiais, grandes concertos e moita, moita festa serán os grandes protagonistas deste acontecemento.
O acolledor Parque da Alameda conta cunha ubicación privilexiada xa que bordea unha parte do casco histórico e será o encargado de acoller o recinto ferial, onde se instalan os diferentes postos típicos e nos que poderedes degustar o mítico “polbo á feira”.
Neste ano, coma nos anteriores, tamén haberá grandes concertos que encherán Santiago de música e festa. A maiores, as actividades culturais repartiranse por toda a cidade e serán, en xeral, de acceso libre.
Ídelo perder? Non hai escusa para non ir a esta festa. Monbus ofrécevos distintas alternativas para chegar: a través das nosas liñas regulares dende calquera lugar de orixe ofertado, alugando un autocar para grupos configurando o itinerario a tu gusto, o quizás yendo al volante de un coche de alquiler sin conductor.