A Reconquista (Vigo)
O barrio histórico, no corazón de Vigo, regresa ao século XIX durante dúas fins de semana para rememorar a participación da cidade na Guerra da Independencia Española e celebrar a retirada das tropas francesas despois de dominar a cidade. É moi recomendable asistir a esta cita da Reconquista e formar parte do que se converte nun verdadeiro teatro ao aire libre, no que se levan a cabo varias actividades que recrean os aspectos máis característicos daquela época.
O máis destacado é a representación teatral na que se retrata a entrada na Praza da Independencia e a irrupción pola Porta de Gamboa.
Pescadores e campesiños ofreceranche os seus exquisitos produtos mentres paseas polo mercado, pero terás que ter coidado, porque en calquera lugar podes encontrar franceses e vigueses en plena batalla campal.
Pola noite, a festa continúa co mellor dos ambientes. Unha boa oportunidade para coñocer Vigo e a súa historia. Si estás pensando en acudir á cita, podes viaxar con Monbus en autobús de liña regular a Vigo desde outros puntos de Galicia como diferentes lugares de España como Barcelona, Bilbao, A Coruña, Pontevedra o Santiago de Compostela, entre outros. Se o prefires tamén podes consultar información sobre o noso servicio discrecional nesta misma web ou alquilar un coche e organizar a viaxe como ti queiras.